Actividades‎ > ‎

Inscripción actividades 2014-2015

publicado a la‎(s)‎ 15 sept. 2014 5:54 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 15 sept. 2014 6:02 por Usuario desconocido ]
Comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares deste curso 2014-2015

Un curso máis comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares organizadas e xestionadas pola ANPA. Tras a reunión que fixemos en xuño onde se vos indicou o horario provisional previsto de actividades engadimos, atendendo as vosas demandas, algunha proposta máis que, coma sempre, dependerá da vosa participación para poder chegar a bó termo. 

Aínda que a pista segue sen cuberta, este curso non escaparán os balóns grazas ao novo peche.

Para facilitar a todos as cousas haberá un único periodo de inscripción e pago para todas as actividades, así como para facerse socio: do 15 ao 24 de setembro. 

Agradecémosvos que, de ser posible, fagades a inscripción mediante o formulario on-line, aínda que tamén o podedes facer a través da folla de inscripción que vos enviaremos a través das mochilas dos cativos. Aproveitamos para lembrarvos que toda a información que enviamos ao centro para o reparto entre o alumnado queda a vosa disposición no apartado circulares desta web, para que a teñades sempre a man. 

Para facer a inscripción, como seguro que teredes que facer un auténtico puzzle, recomendámosvos que teñades a man os horarios:

A continuación facémosvos un pequeno resumo das actividades/prezos.

Organizadas pola ANPA


Informática

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos A, B, C >> Infantil
Grupos D, E >> Primaria

PRECIOS
Non socios: 35 € de outubro a decembro e 50 €  de xaneiro a fin de curso
Socios: 25 € de outubro a decembro e 40 €  de xaneiro a fin de curso

Inglés

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos A, B, C >> Infantil
Grupos D, E >> Primaria

PRECIOS
Non socios: 30 €/ mes
Socios: 20 €/ mes

Baile

Clases de 2 horas/semanais por grupo
Grupo A >> Infantil
Grupo B >> Primaria

PRECIOS
Non socios: 15 €/mes
Socios: 10 €/mes

Judo

Clases de 2 horas/semanais por grupo
Grupo A >> Infantil y 1º Ciclo de Primaria
Grupo B >> 3º, 4º, 5º y 6º Primaria

PRECIOS
Cota federativa (anual ~30€)
Non socios: 20 €/mes
Socios: 
  1º hermano: 16 €/mes
  2º hermano: 13 €/mes
  3º hermano: gratis.

Música e baile tradicional

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Todas os grupos de idade, incluidos nais/pais

PRECIOS
Non socios: 10 €/mes
Socios: 7 €/mes

Obradoiro de arte

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Todas os grupos de idade.

PRECIOS
Non socios: 20 €/mes 
Socios: 15 €/mes
(material incluido: pinturas, pinceles, barro....)

Ábaco

Farase unha reunión informativa o xoves 18 de setembro no CEIP Manuel Murguía ás 16:00.


Dependentes do Concello da Coruña


Por unha banda temos as actividades incluídas no programa municipal de Deporte no Centro, que no caso do noso colexio serían:

  • Patín
  • Fútbol
  • Xadrez
  • Xogos de taboleiro e fichas
  • Multideporte

Clases de 2 horas semanais, por un prezo de 33 € por alumno e curso. (máis info no folleto)

Por outra banda dentro da Campaña de natación escolar e só para alumnos de segundo ciclo de primaria (3º e 4º de primaria):

  • Natación: 1 hora semanal, todos os martes lectivos do curso, por 53,47 € todo o curso escolar. o prezo inclúe o traslado en autobús do centro á piscina e a correspondente cobertura sanitaria. Recolleríase aos alumnos no centro sobre ás 15:40 e volverían ao mesmo sobre ás 18:15.

Os formularios de inscripción para estas actividades municipais e as fichas de socio entregaranse na reunión do mércores día 17 ás 19:00. Tamén poderedes abonar as correspondentes cotas á tesoureira nesa reunión ou ben a través da nósa conta de La Caixa indicando o Nome do alumno e a actividade para a que se inscribe.

Ademáis do día da reunión nos podedes facer chegar as vosas dúbidas a: 

Comments