Actividades‎ > ‎

Inscripción Actividades curso 2015-2016

publicado a la‎(s)‎ 6 sept. 2015 14:02 por Belén Arias García   [ actualizado el 9 sept. 2015 0:38 ]
Comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares deste curso 2015-2016


Un curso máis comeza o prazo de inscripción para as actividades extraescolares organizadas e xestionadas pola ANPA. Tras a reunión que fixemos en xuño onde se vos indicou o horario provisional previsto de actividades engadimos, atendendo as vosas demandas, algunha proposta máis que, coma sempre, dependerá da vosa participación para poder chegar a bó termo.

Cabe recordaros que se en algunha actividade non se chega o mínimo requerido non se podrá poñer en funcionamento. Así como se durante o curso houbera un detrimento sustancial no número de inscritos, cabe a posibilidade de que nos vexamos obrigados a suspendela, ou de subrille-lo custo os demáis inscritos, que sempre sería comunicado para ver a mellor solución posible.


Este ano estamos de obras. Durante o primeiro trimestre teremos que convivir con elas.

Para facilitar a todos as cousas haberá un único periodo de inscripción e pago para todas as actividades, así como para facerse socio: do 7 ao 20 de setembro. 

Agradecémosvos que, de ser posible, fagades a inscripción mediante o formulario on-line, aínda que tamén o podedes facer a través da folla de inscripción que vos enviaremos a través das mochilas dos cativos. Aproveitamos para lembrarvos que toda a información que enviamos ao centro para o reparto entre o alumnado queda a vosa disposición no apartado circulares desta web, para que a teñades sempre a man. 

Para facer a inscripción, como seguro que teredes que facer un auténtico puzzle, recomendámosvos que teñades a man os horarios:

A continuación facémosvos un pequeno resumo das actividades/prezos.

Organizadas pola ANPA


Informática

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos A, B >> Infantil
Grupos C >> Infantil e 1º, 2º de primaria
Grupos D, E, F >> Primaria

PRECIOS
Non socios: 35 € de outubro a decembro e 50 €  de xaneiro a fin de curso
Socios: 25 € de outubro a decembro e 40 €  de xaneiro a fin de curso

Como ven sendo habitual volvemos a contar con Juan Carlos, ese "profe" que gusta tanto a os nenos como a os pais.

Nas clases de infantil aprenden a manexar o rato a coller destreza manual e visual con xogos.

Nas clases de primaria xa nos metemos máis en profundidade, desde programas para aprender mecanografía ou algún tratamento de texto, pero sempre desde un punto de vista lúdico.

Inglés

Clases dunha hora/semanal por grupo. 
Grupos A, B, C >> Infantil
Grupos D, E, F >> Primaria

PRECIOS
Non socios: 25 €/ mes
Socios: 16 €/ mes

Outro ano máis contamos cos profesores nativos que nos ofrece Future Learning. Aprenderemos inglés a base de xogos lúdicos. Tamén nos dan acceso a cada un dos pais a una plataforma online, con todos os recursos educativos que os nenos dan nas clases, para así poder velos na casa cantas veces queiramos.

Creador de contos

Clases de 2 horas/semanais por grupo
(Infantil e 1º, 2º de primaria)

PRECIOS
Non socios: 30 €/mes
Socios: 23€/mes
(Material incluido)

A partir da lectura dun conto faremos as nosas propias ilustracions a través de xogos, dramatización e experimentación con diversas técnicas e materiais tanto de modelado como calquer outro recurso que nos sirva como atrezzo e complemento, facendo ver a os nenos que se poden facer creacións artísticas casi con calquer material.

Judo

Clases de 2 horas/semanais por grupo
Grupo A >> Infantil
Grupo B >> Primaria

PRECIOS
Cota federativa (anual ~30€)
Non socios: 20 €/mes
Socios: 
  1º hermano: 17 €/mes
  2º hermano: 13 €/mes
  3º hermano: gratis.

Dende o Ximnasio Fibra envianse os monitores para a práctica deste deporte no noso centro. O pago da federación inclúe un seguro específico de accidentes deportivos asi como a posibilidade de participar en duas salidas cos nenos, entre elas o tan famoso Miguelito.

Obradoiro de arte

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Todas os grupos de idade.

PRECIOS
Non socios: 20 €/mes 
Socios: 15 €/mes
(material incluido: pinturas, pinceles, barro....)

Traballaremos diferentes técnicas artísticas, ademas de acercar con elas a varios artistas de renome, sempre de formal lúdica e divertida.

Mindfulness (yoga)

Clases de 1 hora/semanal por grupo
Todos os grupos de idade.

PRECIOS
Non socios: 15 €/mes 
Socios: 10€/mes

Mediante técnicas de relaxación, axudaremos a regular as emocións, a encontrar tranquilidade. Mellora o aprendizaxe, a atención, a paciencia, a empatía...


Ábaco

Para máis información consultade a web: www.nenoos.es


Dependentes do Concello da Coruña


Por unha banda temos as actividades incluídas no programa municipal de Deporte no Centro, que no caso do noso colexio serían:

  • Patín
  • Fútbol
  • Ritmo
  • Baile moderno
  • Xogos ritmicos

Clases de 2 horas semanais, por un prezo de 33 € por alumno e curso. (máis info no folleto)

Por outra banda dentro da Campaña de natación escolar e só para alumnos de segundo ciclo de primaria (3º e 4º de primaria):

  • Natación: 1 hora semanal, todos os martes lectivos do curso, por 53,47 € todo o curso escolar. o prezo inclúe o traslado en autobús do centro á piscina e a correspondente cobertura sanitaria. Recolleríase aos alumnos no centro sobre ás 15:40 e volverían ao mesmo sobre ás 18:15.

Municipais 2015-2016


Os formularios de inscripción para estas actividades municipais e as fichas de socio entregaranse na reunión do martes día 16 ás 19:00. Tamén poderedes abonar as correspondentes cotas á tesoureira nesa reunión ou ben a través da nósa conta de La Caixa ES84 2100 5876 2802 0003 1785 indicando o Nome do alumno e a actividade para a que se inscribe.


Ademáis do día da reunión nos podedes facer chegar as vosas dúbidas a: 

Como sabedes tamén solemos organizar Actividades en Familia de todas elas manteremosvos informados cuales imos a ofertar así como dos prazos de inscripción.


Solicitude de inscripción para actividades da ANPA 2015-2016


Comments