Actividades‎ > ‎

Inscripción e pago das actividades do seguinte trimestre

publicado a la‎(s)‎ 13 dic. 2012 3:34 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 13 dic. 2012 3:35 por Usuario desconocido ]
Ábrese o prazo para novas inscripcións e pagos das actividades para o seguinte trimestre


Dende hoxe xa podedes facer as
inscripcións, no caso de novos alumnos en actividades con prazas vacantes, ou simplemente o pago da correspondente cota se xa estades inscritos (non é necesario facer de novo a inscripción).

Coma sempre o pago das cotas das actividades farase na conta da ANPA indicando claramente "nome da actividade + nome do alumno"

Como sabemos que son moitas e non queremos que vos liedes, deixámosvos o calendario de actividades, do que podedes ampliar información na sección calendario desta web, e facémosvos un resumo por actividade: 


POE: Programa de Ocio Educativo (MUNICIPAL)

Actividades luns, mércores e venres de 16:00 a 18:00
  • Luns: Obradoiro de artes plasticas e audiovisuais
  • Mércores: Obradoiro music & play
  • Venres: Obradoiro de artes escénicas
Prazo para o pago do trimestre (de xaneiro a marzo) ata o día 20 de decembro.
  • Modalidade parcial de 3 días a semana 20,00 €
  • Modalidade parcial de 2 días á semana 15,00 €
  • Modalidade parcial de 1 día á semana 10,00 €
Prazas vacantes: SI

Podedes descargar dende aquí o tríptico do POE


Deporte no Centro (MUNICIPAL)

Actividades de dúas horas semanais cada unha en horario de 16:00 a 17:00
  • Luns e mércores: xogos rítmicos
  • Martes e xoves: patinaxe
Prazo de pago 
ata o día 20 de decembro

As cotas do programa DEPORTE NO CENTRO, para o período dende xaneiro ata final de curso, non teñen ningún incremento respecto ao ano pasado. As cotas son (prezo por semestre):
  • Familias de 1 fillo participante 20,00 €/actividade
  • Familias de 2 fillos participantes: 16,00 €/actividade
  • Familias de 3 fillos participantes 14,00 €/actividade
  • Familias de 3 ou máis fillos participantes 12,00 €/actividade
Prazo para o pago do trimestre (de xaneiro a marzo) ata o día 20 de decembro.

Prazas vacantes: SI

Podedes descargar dende aquí o tríptico de Deporte no Centro


Cursos de inglés

Actividade de 1 hora/ 2 horas semana para alumnos de infantil / primaria
  • Grupo A: alumnos de primaria, todos os martes e xoves de 16:00 a 17:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio.
  • Grupo B: alumnos de infantil, todos os martes de 17:00 a 18:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio.
  • Grupo C: alumnos de infantil, todos os xoves de 17:00 a 18:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio. 
Prazo para o pago do seguinte trimestre ata o 7 de xaneiro de 2013

O prezo do para este trimestre:

  • Alumnos de primaria: 115 €/trimestre por alumno (100 € para socios)
  • Alumnos de infantil: 58 €/trimestre por alumno (50 € para socios)
Podedes consultar os listados actualizados de alumnos/vacantes nestas ligazóns:
Bolsas de estudo de La Caixa: para os alumnos deste curso inscritos nesta actividade a Obra Social da Fundación “la Caixa” ofrece unhas bolsas de estudo para todos aqueles alumnos que cumpran estes 3 requisitos:
  1. Ser socio da ANPA As Lavandeiras.
  2. Ter ou contratar unha Megalibreta na oficina de La Caixa de Novo Mesoiro a nome do alumno.
  3. Asistencia regular e abono dos tres trimestres dos que consta o curso.

A contía por alumno e curso destas bolsas ascende a 50 € no caso dos alumnos de infantil, e de100 € para os alumnos de primaria, que se ingresarán na Megalibreta do alumno tralo pago do último trimestre do curso.



Cursos de informática

Actividade de 1 hora semanal por grupo.

Pago entre o 21 de decembro ao 7 de xaneiro.

Importe polo semestre, de xaneiro a fin de curso, 50 € (40 € socios da ANPA)

Podedes consultar os listados actualizados de alumnos/vacantes nestas ligazóns:

Se vos queredes inscribir nalgunha das prazas vacantes só tedes que cumprimentar  este formulario online e pagar a cota correspondente.

Comments