Actividades‎ > ‎

Listas de admitidos nos cursos de inglés

publicado a la‎(s)‎ 28 sept. 2012 13:47 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 28 sept. 2012 13:47 por Usuario desconocido ]
Hoxe ás 17:00 sorteáronse as prazas para o curso de inglés nos grupos que tiveron máis demanda que prazas ofertadas.

Esta tarde en sorteo público decidíronse as listas de admitidos nesta actividade na que colabora a oficina de La Caixa de Novo Mesoiro, a través da Obra Social da Fundación "la Caixa" ofertando para os alumnos inscritos unhas bolsas de estudio para este curso.
Queremos agradecer unha vez máis a dita oficina o apoio que nos brindou e nos brinda, dende a mesma fundación da ANPA, con 13 socios, axundandonos a crecer, desenvolver actividades ou editar unha revista... En especial as persoas que alí traballan e que fan que todo isto se desenvolva sempre do xeito máis doado para todos nós.

Dende hoxe e ata o mércores día 3 podedes formalizar a matrícula facendo o ingreso polo importe do primeiro trimestre do curso (ver prezos e datas) especificando sempre Inglés+Nome e apelidos do alumno, para que poidamos identificar fácilmente o ingreso.
Comments