Actividades‎ > ‎

Lucky Luke chega a Feáns

publicado a la‎(s)‎ 14 ene. 2013 13:51 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 feb. 2013 9:05 por Usuario desconocido ]
A AAVV de Feáns convídanos a participar na espectacular comparsa de entroido sobre este mítico Cowboy

Rantanplán, o can de Lucky Luke, seguiu o rastro dos Dalton ata Feáns onde "El más famoso cowboy del Oeste" -como dí a canción- caeron nas máns deste defensor da lei. Agora diríxense a prisión de María Pita engaiolados nunha carreta tirada por Jolly Jumper o seu fiel corcel.

Animámosvos a participar nesta espectacular montaxe, que o sábado día 9 de febreiro, percorrerá as rúas da cidade: un cabalo mecánico que camiña só, a dilixencia-cárcere levando aos Dalton ante a xustiza, un salón do lonxano Oeste, bailarinas de Can-Can, vaqueiros... e, como non: Lucky Luke.

Como xa vos informamos na circular de hoxe, é imprecindible que, canto antes, todos os que queirades participar vos inscribades na lista que está no taboleiro de anuncios do colexio, para unha correcta organización. 

A algún o sábado xa só lle faltaba o cabalo para arrancar ao galope tras os Dalton

O longo destas semanas faremos varias reunións e obradoiros para que non teñamos dúbidas de como debemos disfrazarnos, xa non queda nada e hai que poñerse mans a obra. Pasarémolo ben, dende os preparativos ata o mesmo día na comparsa, será unha gran experiencia e sobre todo ¡divertida!

¡Animádevos a participar!
Comments