Actividades‎ > ‎

Novas actividades extraescolares municipais

publicado a la‎(s)‎ 1 feb. 2012 14:50 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 1 feb. 2012 14:50 por Usuario desconocido ]
Hoxe, 1 de febreiro ábrese o prazo de inscripción para as novas actividades extraescolares propostas pola Concellaría de Educación da Coruña.

Ofértanse, para os Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria da cidade, 4 programas educativos diferentes que botarán a andar o vindeiro día 13 de febreiro. Son os seguintes:

1. Programa de ocio educativo integrado por:
- Matemáticas recreativas
- Obradoiros de lectura en lingua galega e castelá
- Aprendo a aprender

Este programa vai dirixido aos escolares das etapas de Infantil e Primaria. É o único que se podería chegar a desenvolver no noso centro tal e como podes ver neste cadro de distribución dos programas, para inscribirse só tedes que cumprimentar este documento, e deixalo no buzón da ANPA.

O programa desenvolveríase os luns, mércores e venres, 1 hora diaria, para alumnos de infantil: luns e mércores de 17:00 a 18:00 e os venres de 16:00 a 17:00; e para alumnos de primaria: luns e mércores de 16:00 a 17:00 e os venres de 17:00 a 18:00. Se estades interesados en que os vosos fillos participen no programa municipal de ocio educativo, atentos as datas:
  • 1 - 7 feb. Inscrición nas ANPAS dos centros educativos que realizan o programa.
  • 8 - 9 feb. Elaboración de listaxes provisionais.
  • 10 feb. Listaxes definitivas.
  • 13 feb. Inicio do programa.

2. Listen and Speak: programa de comprensión auditiva e interacción oral en lingua inglesa, orientado a unha certificación de validez internacional (ver folleto)
3. Clic English: programa de tratamento da información e da competencia dixital impartido en Lingua Inglesa (ver folleto)
4. Palabras contadas: programa de expresión oral e escritura creativa en Lingua Galega e Castelá  (ver folleto)

Estes tres últimos programas están dirixidos só aos escolares de 2º e 3º ciclo de educación primaria, desenvolveranse só nalgúns centros (ver) aos que as familias teredes que desplazar aos vosos fillos/as se queredes que participen nalgunha desas actividades.

Comments