Actividades‎ > ‎

Novos encontros lúdico-deportivos

publicado a la‎(s)‎ 4 may. 2012 23:45 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 4 may. 2012 23:48 por Usuario desconocido ]

O alumnado do programa de Deporte no Centro, asistirá neste mes de maio a novos encontros lúdico-deportivos intercentros.


Os alumnos inscritos nas actividades do programa Deporte no Centro: xogos rítmicos e patinaxe, asistirán o 14 e 15 de maio respectivamente a estes encontros cos nenos e nenas doutros centros, cos que poderán compartir unha divertida tarde onde ademáis poderán poñer en práctica as súas aprendizaxes adquiridas durante este curso.

En concreto, os cativos de xogos rítmicos acudirán o luns 14 de maio, xunto cos alumnos do CEIP Alborada, ao CEIP Rosalía de Castro que fará de anfitrión. Sairán do centro ás 16:00 e voltarán ás 18:00.

En canto aos inscritos en patinaxe, farán a saída o martes 15 de maio entre as 16:00 e as 18:00 e acudirán, neste caso acompañados dos alumnos do CEIP María Pita e do CEIP Víctor López Seoane, ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

Para acudir a estes eventos é imprescindible que cumprimentedes a autorización que vos entregarán os monitores destas actividades.

Por suposto a asistencia dos alumnos a estes eventos non é obrigatoria, pero obviamente a actividade de patinaxe/xogos rítmicos habitual no centro, quedará suspendida eses días.

Comments