Actividades‎ > ‎

O entroido das Lavandeiras paseouse por Mesoiro

publicado a la‎(s)‎ 4 mar. 2011 12:22 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 5 mar. 2011 3:21 por Usuario desconocido ]
Seguindo a súa determinación de integrarse no barrio e comprometerse co seu contorno máis próximo, a ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía organizou esta tarde o desfile de entroido xunto coa EIM A Caracola.

Tras uns entretidos talleres levados a cabo estas dúas últimas semanas, nos que se compuxeron chirigotas, se fabricaron instrumentos, confeccionouse o noso estandarte e, sobre todo, divertímonos todos xuntos... hoxe chegou o día de poñelo todo a funcionar ¡E ben que funcionou!

Pode que polas nosas voces non nos elixan para a coral de Feáns, pero cantar cantamos, e ben que cantamos as chirigotas percorrendo o recentemente inaugurado parque de Mesoiro, acompañados de gaita, pandereta, bombo, tambor... e o vento do norte, autóctono,  fiel compañeiro, fresquiño, cortante... como para facer ganas para o chocolate quentiño que nos esperaría no Centro Cívico Municipal de Mesoiro.

Lavandeiras, gaiteiros, xoaniñas, bruxas... percorreron o barrio de Novo Mesoiro

Como toda festa que se precie non podiamos esquecer o apartado gastronómico, e máis aínda habendo concurso de tortillas por medio, houbo a quen lle costou aguantarse ata que o distinguido xurado acabara a súa profesional cata. Houbo premio para a tortilla máis grande, para a máis sabrosa e para a máis orixinal... categoría especialmente desputada, dado o nivel dos participantes.

Rematamos a festa as tortillas do concurso, algúns mesmo acabaron lambendo o prato

No Centro Cívico de Mesoiro ademáis das tortillas, tamén tivemos música, rosquillas, galletas, chocolate quentiño... ¡que ben o pasamos!

Non nos queda máis que darvos as grazas de novo a todos os que vos implicades, aos que invertides o voso tempo deste xeito tan positivo e desinteresado. En breve, coma sempre, teredes todos estes "documentos gráficos" na sección fotos da nosa web.

As Lavandeiras retirámonos a lavar os trapos sucios ¡pasade bo entroido!

Comments