Actividades‎ > ‎

O programa de desenvolvemento mental ALOHA Mental Arithmetic chega ao CEIP Manuel Murguía

publicado a la‎(s)‎ 13 sept. 2013 2:37 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 19 sept. 2013 2:36 por Usuario desconocido ]
Este curso incorporamos a nosa oferta de actividades extraescolares o programa de desenvolvemento mental ALOHA Mental Arithmetic.


Trátase dun innovador programa destinado a nenos de entre 5 e 13 anos, que utiliza o ábaco, entre outros moitos instrumentos, para potenciar a súa concentración, creatividade, imaxinación, memoria fotográfica...

Os resultados das devanditas melloras empezan a observarse entre os primeiros seis e nove meses de clase, pero os beneficios adquiridos duran toda a vida.


O vindeiro mércores 18 de setembro ás 19:00 no colexio organizaremos unha presentación do programa para nais e pais do  CEIP Manuel Murguía, cun obradoiro en paralelo destinado aos alumnos para que tamén eles poidan coñecer a actividade.

Para máis información podedes entrar en www.alohaspain.com

Comments