Actividades‎ > ‎

Pago das actividades do último trimestre

publicado a la‎(s)‎ 9 abr. 2013 13:33 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 9 abr. 2013 13:34 por Usuario desconocido ]
Ábrese o prazo para os pagos das actividades deste último trimestre

Dende hoxe xa podedes facer o pago da cota correspondente ao último trimestre nas actividades de POE e Inglés. (as demáis xa se pagaron semestralmente)

As actividades dos programas municipais de "Deporte no Centro" e "POE" rematarán a semana do 10 ao 14 de xuño, o resto de actividades finalizarán segundo os calendarios publicados para cada unha delas e que podedes consultar dende a sección calendario do noso sitio web.

Coma sempre o pago das cotas das actividades farase na conta da ANPA indicando claramente "nome da actividade + nome do alumno"



POE: Programa de Ocio Educativo (MUNICIPAL)

  • Mércores: Obradoiro music & play
Prazo para o pago do trimestre (de abril a xuño) ata o venres 12 de abril de 2013.
  • Modalidade parcial de 1 día á semana 10,00 €
Prazas vacantes: SI

Podedes descargar dende aquí o tríptico do POE


Cursos de inglés

Actividade de 1 hora/ 2 horas semana para alumnos de infantil / primaria
  • Grupo A: alumnos de primaria, todos os martes e xoves de 16:00 a 17:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio.
  • Grupo B: alumnos de infantil, todos os martes de 17:00 a 18:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio.
  • Grupo C: alumnos de infantil, todos os xoves de 17:00 a 18:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio. 
Prazo para o pago deste trimestre ata o venres 12 de abril de 2013.

O prezo do para este trimestre:

  • Alumnos de primaria: 115 €/trimestre por alumno (100 € para socios)
  • Alumnos de infantil: 58 €/trimestre por alumno (50 € para socios)

Bolsas de estudo de La Caixa: para os alumnos deste curso inscritos nesta actividade a Obra Social da Fundación “la Caixa” ofrece unhas bolsas de estudo para todos aqueles alumnos que cumpran estes 3 requisitos:
  1. Ser socio da ANPA As Lavandeiras.
  2. Ter ou contratar unha Megalibreta na oficina de La Caixa de Novo Mesoiro a nome do alumno.
  3. Asistencia regular e abono dos tres trimestres dos que consta o curso.

A contía por alumno e curso destas bolsas ascende a 50 € no caso dos alumnos de infantil, e de 100 € para os alumnos de primaria, que se ingresarán na Megalibreta do alumno tralo pago do último trimestre do curso, facilitádenos o nome do alumno e o número da súa Megalibreta ao enderezo: tesoureira@aslavandeiras.es 



Aproveitamos tamén para lembrarvos que o horario de atención ás familias do comedor escolar/servizo de madrugadores é:
  • Os luns de 16:00 a 17:00 h
  • Martes e xoves de 13:30 a 14:00 h


Comments