Actividades‎ > ‎

Pequerruta e Xantar Semana Santa 2015

publicado a la‎(s)‎ 27 mar. 2015 19:04 por Usuario desconocido   [ actualizado el 30 mar. 2015 6:09 ]
O próximo día mércores 1 de Abril, aproveitando a saída programada dentro do "Campacole" de Semana Santa, disfrutaremos dunha "Pequerruta" e celebraremos unha xornada de "portas abertas" no comedor, para que poidades completar a mañá e probar o menú que temos para ese día: Arroz con tomate, Hamburguesa, Brecol e chocolatina (temos menús para alérxicos, solicítao na inscripción)

Qué son as "Pequerrutas"?

Saídas que duran unha horas onde as familias realizamos unha pequena ruta que habitualmente inclúe unha andaina, ás veces a visita a algún punto cultural e, dende logo, a convivencia con outras familias do cole.

Quén pode participar na "Pequerruta"?

A pequerruta está aberta a todas aquelas familias da ANPA, profesoresmembros do centro que queiran disfrutar do paseo e vivir unha mañá diferente.


Onde imos?

Se o tempo non é un desastre, partiremos da escola ao redor das 10:00am en dirección ao Centro Cívico de Feans, e dando un paseo chegaremos ata o Castro de Elviña onde ás 11:30 realizaremos unha visita guíada, pasearemos entre as murallas e as casas do Castro e contarannos esa historia tan interesante dos que alí viviron. Tomaremos a merenda (cada un leva a súa) e faremos o camiño de volta pasando de novo polo Centro Cívico de Feáns onde, se imos ben de tempo, aproveitaremos para descansar e xogarVoltaremos á escola á hora do xantar.


A ruta do mapa non é exacta, pero dá unha idea de onde nos diriximos e as distancias que imos recorder. Outra cousa a ter en conta é que levaramos algo máis do que indica a imaxe, xa que imos de paseo e haberá nenos e nenas de diferentes idades, polo que o ritmo será mais lento.


Na foto anterior tedes Feáns/Mesoiro/Pocomaco vistos desde o Castro de Elviña



Web do Castro de Elviña: http://goo.gl/sv3z5i

Canto teño que pagar? 
  • Pequerruta: gratis
  • Xantar: 4€/menú socios e familiares (6€ NON socios e os seus familiares). Límite de inscripción: martes 31 de Marzo as 12:00pm

A ter en conta:
  • Lembrámosvos que a todos os alumnos da ANPA que participan nas actividades fáiselles un seguro de accidentes. Se dexesades acudir cos vosos fillos máis pequenos (non escolarizados) estes non estarán cubertos por dita póliza.
  • Todos os menores, a excepción dos que participan no campacole, deberán estar acompañados por unha persoa maior de idade.
  • Tedes que levar merenda para media mañá. Corre da vosa conta.
  • Levade roupa e calzado cómodo, unha gorra e recomendable protección para o sol.
  • A visita guiada ten un límite aproximado de 30 persoas/turno. Terán preferencia os participantes no campacole e os socios e socias da ANPA.
Os que decidan quedar a xantar, poderán realizar o pago na conta da ANPA ou en man.

Esperamos que os nenos o pasen de marabilla, como é habitual, e que vos animedes a participar na pequerruta e no xantar.


Comments