Actividades‎ > ‎

PEQUERRUTA: Gabenlle. A Laracha

publicado a la‎(s)‎ 28 may. 2012 16:12 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 28 may. 2012 16:12 por Usuario desconocido ]
A ANPA organiza unha segunda Pequerruta para a tarde do primeiro venres de xuño.

Tras o éxito da primeira camiñada organizada pola ANPA As Lavandeiras, coa Pequerruta en Celas de Peiro, decidimos darlle continuidade a iniciativa e este venres 1 de xuño convidámosvos a pasar a tarde en familia (-ou non- se non podedes asistir podedes enviar tan só aos peques) facendo un pequeno sendeiro apto para todos os públicos.

A ruta circula, prácticamente na súa totalidade, por un paseo de madeira a beira do río

Trátase dunha senda fluvial perfectamente adaptada cunha pasarela peonil de madeira, doada incluso para circular cos carriños de bebé como vedes nas fotos, no percorrido veremos varios muíños restaurados, a fauna seguro que escapará toda ao vernos pasar, pero a flora alí estará. Partiremos dende O Formigueiro -Concello da Laracha- ata a área de lecer de Gabenlle, onde merendaremos, teremos un tempo de xogo para os pequerruteiros dirixido polos monitores que nos acompañarán na saída, e onde nos recollerá o autobús para levarnos de volta a casa.

Recuperaremos os folgos, despois de tanto exercicio extremo, na área de lecer de Gabenlle

Sairemos do colexio ás 16:00 h, e contamos estar de volta sobre as 19:30 h o autobús, ao igual que na ocasión anterior, fará varias paradas pola urbanización de Novo Mesoiro, para deixarnos cerquiña da casa. A ruta é lineal, moi doada, sen apenas pendiente e ten uns 2,5 km de lonxitude... así que non nos contedes que o voso/a peque non está acostumado a camiñar, que ben os vimos na anterior pequerruta ao galope.

Lembrade levar a merenda para cando cheguemos a área de lecer -xa sabedes que o presi non comparte o bocata- e roupa e calzado adecuados a actividade -a ANPA non indemnizará a quen lle quede o tacón de agulla cravado na pasarela-.

O autobus deixaranos no Formigueiro e recolleranos tras a camiñada na área de lecer de Gabenlle

Podedes facer a inscripción en liña ou ben depositando no buzón da ANPA o formulario que vos faremos chegar a través das mochilas dos vosos fillos, a data límite para inscribirse e aboar a actividade é o xoves 31 de maio.

¡Animádevos a participar!




Comments