Actividades‎ > ‎

PEQUERRUTA: Torre de Celas - Muíños do Rego das Xesteiras

publicado a la‎(s)‎ 17 mar. 2012 11:29 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 mar. 2012 11:29 por Usuario desconocido ]
A ANPA As Lavandeiras organiza unha pequena camiñada para as familias o venres pola tarde.

Chega a primavera e as tardes cada día dan máis de si... ¡imos a aproveitalas! para o vindeiro venres día 23 pola tarde propoñémosvos un pequeno sendeiro apto para todos os públicos: trátase dun pequeno percorrido de aproximadamente 2,5 km que partirá da Torre de Celas de Peiro (Concello de Culleredo) visitaremos os muíños do Rego das Xesteiras para volver ao punto de inicio e, como non, merendar no parque para recuperar os folgos.

A Torre de Celas de Peiro formaba parte da fortaleza de Vinseira foi restaurada no ano 1992

A nosa intención era tamén visitar o museo etnográfico que actualmente alberga a torre, pero esta vez non poderá ser xa que está pechado por mor dun problema de humidades, segundo nos informaron dende a Concellería de Cultura do propio Concello de Culleredo ¡así que outra vez será! De todos os xeitos será unha tarde ben aproveitada que, de ter éxito, será a primeira dunha serie de pequerrutas que nos achegarán a natureza, recunchos, camiños, museos e demáis destinos que aínda que son próximos non deixan de ser, as veces, descoñecidos e moi interesantes.

A senda transcurre sinuosa ao carón de varios muíños en diferentes estados de conservación

O autobús partirá do colexio ás 16:00 h, e calculamos estar de volta aproximadamente ás 19:00 h, animámosvos a que vos apuntedes en familia (nais, pais, irmáns, avós...), pero se non podedes asistir, tamén podedes mandar aos pequenos exploradores de ruta connosco e recollelos no colexio a nosa volta. O camiño é doado, así que tampouco é necesario levar un equipo de alpinismo, pero sí recomendamos roupa e calzado cómodos, apropiados a actividade ¡ah! e non esquezades a merenda, porque non vos penso dar nin un mordisco do meu bocadillo.

A ruta é doada, aproximadamente 2,5 km, pero NON hai escaleras mecánicas nen elevadores

Podedes inscribirvos na actividade cumprimentando a circular que vos faremos chegar a través das mochilas dos vosos fillos, e deixándoa no buzón da ANPA no colexio ou ben a través deste formulario online, os prezos son de 5 €/persoa para non socios, e de 2 €/persoa para socios da ANPA As Lavandeiras.

¡Animádevos a participar!

Lembrámosvos que a ANPA As Lavandeiras resérvase o dereito de aprazar ou suspender a actividade en función das condicións metereolóxicas ou outros factores que se consideren oportunos.

Comments