Actividades‎ > ‎

POE: primeiras visitas científico-culturais

publicado a la‎(s)‎ 4 dic. 2012 3:59 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 4 dic. 2012 4:00 por Usuario desconocido ]
Os alumnos do POE visitarán á "Casa de los Peces" e ao Forum Metropolitano os vindeiros días 17 e 18 de decembro

A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, ademais dos diferentes obradoiros que oferta dentro do Programa de Ocio Educativo (POE) nos centros públicos docentes da cidade, pon en marcha unha serie de visitas a diferentes equipamentos científico-culturais da cidade, con intención de achegar aos escolares a espazos de referencia nos que complementar, a través de novedosas propostas lúdico-didácticas, as diferentes áreas que se enmarcan no POE para o curso 2012/2013.

As visitas realizaranse no horario habitual das actividades (de 16:00 a 18:00) e no caso do CEIP Manuel Murguía os grupos irán ao Forum Metropolitano o luns 17 de decembro e a "Casa de los peces" o martes 18 de decembro, todos os alumnos matriculados nesta actividade poderán asistir ás visitas aínda que estas non coincidan cos días de asistencia ao POE

Para asisitir é imprescindible que cumprimentedes correctamente esta autorización e lla entreguedes a Nuria, a monitora de POE.


Comments