Actividades‎ > ‎

Predeporte: xornadas abertas

publicado a la‎(s)‎ 1 nov. 2011 4:20 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 1 nov. 2011 4:20 por Usuario desconocido ]
O vindeiro xoves organizaranse unhas xornadas abertas de predeporte para todos os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria.

O xoves día 3 de novembro de 13:00 a 14:00, dentro do horario lectivo, se organizará unha sesión de Predeporte, actividade extraescolar organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Federación de APAs e ofertada por esta ANPA.

A intención é achegar a todo o alumnado o contido desta actividade para que a coñezan e se animen a participar, coa colaboración do centro, que nos cede unha hora lectiva de Educación Física para a promoción de Predeporte.

O número de alumnos inscritos nesta actividade non chega ao mínimo esixido, polo que vos convidamos a participar. Lembrámosvos que, de chegar a reunir o grupo necesario, a actividade desenvolveríase os luns e mércores de 16:00 a 17:00. Inscribirse é doado, so tedes que recoller o impreso no taboleiro de anuncios da ANPA, cubrilo, aboar a cota e deixalo todo no buzón da ANPA. Os prezos son os seguintes:



O enfoque da actividade é eminentemente lúdico, encamiñado ao fomento da práctica físico-deportiva nas instalacións do propio colexio e adaptándose pedagóxicamente a cada tramo de edade.
¡Animádevos a participar!

Se finalmente non se reunise o grupo necesario, cancelarase a actividade para este curso e a ANPA devolverá os cartos da inscripción.

Comments