Actividades‎ > ‎

Preinscripción para Aloha Mental Arithmetic

publicado a la‎(s)‎ 19 sept. 2013 4:35 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 19 sept. 2013 4:35 por Usuario desconocido ]


Tras a presentación do programa onte no colexio e dado o interese suscitado nalgunhas familias, poñemos en marcha a preinscipción nesta actividade que, de ter quorum desenvolveríase os  luns e mércores de 16:00 a 17:00 para alumnos de 5 a 12 anos (de 6º de infantil a 6º de primaria).

Unha vez contemos cos vosos datos de preinscipción, se lle trasladarán a ALOHA que se fará cargo das matrículas e cobros das mensualidades. Podedes cumprimentar este formulario en papel e deixar esta preinscipción no buzón da ANPA ou facelo online cubrindo o formulario que tedes ao final desta entrada.

Tal como se informou onte o coste da actividade é de 49€/mes cun desconto do 25% na mensualidade do segundo irmán e dun 50% na do terceiro. En concepto de matrícula, págase 30 € para os dous primeiros anos e, outros 30 € transcorridos eses dous cursos e ata o final do programa. No prezo está incluído o seguro dos alumnos, e todo o material utilizado: manuais, ábaco, etc... 

Máis info: Teresa Chouciño 620 10 28 27

Solicitude de preinscripción para Aloha 2013-2014



Comments