Actividades‎ > ‎

Preinscripción para o curso de inglés 2012-2013

publicado a la‎(s)‎ 26 sept. 2012 4:07 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 sept. 2012 4:07 por Usuario desconocido ]
Prazo ata o 27 de setembro para facer a preinscripción no curso de inglés

O curso, adaptado as edades dos máis pequenos, pensado para aprender dun xeito ameno e divertido, baseandose fundamentalmente na fala. Será dunha hora semanal por grupo de infantil (30 horas cada grupo todo o curso) e dúas horas semanais para o grupo de primaria (60 horas todo o curso) agás periodos non lectivos segundo o horario escolar.

  1. Grupo A: alumnos de primaria, todos os martes e xoves de 16:00 a 17:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio.Prazas ofertadas: 10

  2. Grupo B: alumnos de infantil, todos os martes de 17:00 a 18:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio.Prazas ofertadas: 10

  3. Grupo C: alumnos de infantil, todos os xoves de 17:00 a 18:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio. Prazas ofertadas: 10

Parte do vídeo grabado cos alumnos participantes na actividade o pasado curso 2011-2012


Preinscripción: do ata o 27 de setembro, cubre a ficha que vos enviamos nas mochilas dos alumnos e déixaa no buzón da ANPA, ou faino on-line

Matrícula: 28 de setembro publicarase a lista de admitidos no taboleiro do centro e na web da ANPA, no caso de máis solicitudes que prazas sortearanse atendendo a orde de preferencia de preinscripción en cada grupo (B, C...)

Bolsas de estudo de La Caixa: para os alumnos deste curso inscritos nesta actividade a Obra Social da Fundación “la Caixa” ofrece unhas bolsas de estudo para todos aqueles alumnos que cumpran estes 3 requisitos:

  1. Ser socio da ANPA As Lavandeiras.
  2. Ter ou contratar unha Megalibreta na oficina de La Caixa de Novo Mesoiro a nome do alumno.
  3. Asistencia regular e abono dos tres trimestres dos que consta o curso.

A contía por alumno e curso destas bolsas ascende a 50 € no caso dos alumnos de infantil, e de 100 € para os alumnos de primaria.

A formalización da matrícula, realizarase mediante o pago da cota correspondente ao primeiro trimestre, do día 28 de setembro ao 2 de outubro, facendo o ingreso na oficiña 5876 de La Caixa de Novo Mesoiro.


Organiza: ANPA As Lavandeiras, coa colaboración da oficina de Novo Mesoiro e da Obra Social da Fundación "la Caixa"
Comments