Actividades‎ > ‎

Previsión de actividades extraescolares 2012-2013

publicado a la‎(s)‎ 23 sept. 2012 13:21 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 23 sept. 2012 23:57 por Usuario desconocido ]

Mentres que nalgúns grupos de informática haberá que sortear as prazas, outras das actividades propostas non chegarán ao quórum mínimo para facer os grupos.

Mañán luns 24 de setembro remata o prazo para a inscripción nas actividades municipais, tanto as do POE (Programa de Ocio Educativo) como para Deporte no Centro.

Unha vez máis cáense da programación das tardes as actividades de Multideporte, prevista para o alumnado de primaria (2º e 3º ciclo) os martes e xoves de 17:00 a 18:00 -salvo que mañán haxa aluvión de solicitudes- Xogos de taboleiro, actividade para o alumnado de infantil que tampouco cumpre os requisitos para a formación de grupos, como tampouco para todas as do POE que apenas rexistran demanda  agás Music and Play que está pola metade dos alumnos mínimos fixados como requisito. Tampouco tivemos ata o momento ningunha solicitude para a campaña de natación escolar, actividade dirixida para o 2º ciclo de primaria (3º e 4º curso).

Así que, salvo sorpresas de última hora, e a piques de abrir o prazo de preinscripción para inglés, parece que as tardes no CEIP Manuel Murguía estarán ocupadas coas actividades de patín, xogos, informática e aquelas actividades puntuais que se decida programar durante o curso escolar.

Mañán, ás 17:00 no CEIP Manuel Murguía, terá lugar o sorteo público das prazas de informática. Publicaranse as listas de admitidos no taboleiro da ANPA en canto remate o sorteo e nesta web, así como o prazo para formalizar a matrícula mediante pago da cota correspondente ao primeiro trimestre.



Comments