Actividades‎ > ‎

Semana de inicio de actividades

publicado a la‎(s)‎ 4 oct. 2013 5:27 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 4 oct. 2013 5:27 por Usuario desconocido ]
Con continuas variacións nas listaxes de inscritos, esta semana botaron a andar as actividades extraescolares.

Esta semana a ANPA xestionou e cordinou aos máis de 60 inscritos no programa Municipal de Deporte no Centro, e a máis de 70 alumnos que participan nas diversas actividades ofertadas pola ANPA... os cambios do alumnado do comedor ás actividades das 16:00 e o paso as actividades das 17:00, son o momento máis delicado no que os monitores, cunha listaxe actualizada cada día afánanse -coa axuda da ANPA- en distribuír ao alumnado nas distintas actividades ou entrega as familias, según o caso.

Da gusto ver o ben que o pasan cada tarde nas actividades máis dun cento de nenos cando hai só tres anos non había nin actividades nin tan sequera ese número de alumnos en todo o colexio.

A oferta de actividades extraescolares, nula hai 3 anos, hoxe é ampla: Prepatín I, Prepatín II, Xadrez, Multideporte (as catro escolas do programa Municipal de Deporte no Centro), 5 grupos de Informática, 2 de Ábaco (Nenoos), 2 de Baile Moderno e 1 de Judo.

Queremos agradecer dende aquí a todos os educadores en monitores o esforzo que supón, especialmente mentras non se coñece a todos os integrantes dos grupos, a entrega e paso do alumnado dunhas actividades a outras, coa variación que tivemos nos inscritos estos primeiros días. Agardamos que a partir da semana que ven a situación se vaia regularizando e todo pase a realizarse coa fluidez que debe ser habitual.

Grazas tamén ás familias pola vosa paciencia e comprensión, nestes incios sempre un tanto complicados a nivel organizativo.
Comments