Actividades‎ > ‎

Suspéndese a actividade de "predeporte"

publicado a la‎(s)‎ 8 nov. 2011 2:43 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 8 nov. 2011 2:43 por Usuario desconocido ]

Unha vez máis a ANPA vese obrigada a suspender unha actividade por falta de participación do alumnado.


O pasado xoves, como último intento de conseguir o número mínimo de rapaces, organizouse unha xornada para difundir a actividade. Realizouse dentro do horario lectivo para que todos os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria puidesen acudir e ver un pouco en que consistía.

Dado que non recibimos máis solicitudes vémonos obrigados a cancelar a actividade. En breve devolveremos o importe correspondente á inscripción a cada unha das familias inscritas. Sentímolo fundamentalmente polos rapaces e rapazas que estábades ilusionados con compartir esta actividade cos vosos compañeiros no propio centro escolar. Seguiremos tentando programar novos contidos para todos vos.

Comments