Actividades‎ > ‎

Vente de Pequerruta e a xantar cos Campacoleros!

publicado a la‎(s)‎ 24 jun. 2014 16:02 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 24 jun. 2014 16:03 por Usuario desconocido ]
Os campacoleros vanse de Pequerruta o venres, e convidámosvos a pasar o día con eles: camiñando, xantando ou... ás dúas cousas!

O venres día 27 os campacoleros vanse de pequerruta a Gabenlle (A Laracha), se vos apetece pasar o día con eles e xantar no cole a volta do duro sendero... só tedes que inscribiros cumprimentando este formulario on-line.

O sendero, apto para todos os públicos, rematará na área de descanso de Gabenlle

Podedes vir só a ruta, só a xantar ou as dúas cousas! ¡animádevos a participar! seguro que aos cativos lles encantará pasar o día con vos, compartir o "seu" comedor cos seus pais/nais...

Datos 

  • Saída: 10:00 do CEIP Manuel Murguía
  • Chegada: 14:00 ao CEIP Manuel Murguía
  • Comida: a partires das 14:00 no comedor do CEIP Manuel Murguía
  • Prezos (para socios): 
    • Pequerruta+comida: 9€/persoa
    • Só Pequerruta: 5€/persoa
    • Só comida: 4€/persoa
  • Inscripcións e pago: ata o xoves 26 de xuño ás 12:00  (formulario de inscripción)
Comments