Como matriculo ao meu fillo/a no comedor?
- Acceder a web www.jardanay.es e no apartado "área de clientes" seleccionar colegio CEIP MANUEL MURGUIA.
- Introducir as seguintes claves.
- Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. No caso de necesitar solicitar mais dun servicio, deberase rechear e enviar un formulario de cada vez.
Canto costa xantar no cole?
Ao prezo das mensualidades deberás engadirlle o seguro de accidentes, que só pagarás na primeira mensualidade, que ten un coste de 7 € por curso e comensal. Lembra que estas tarifas non só inclúen a comida, se non o coidado e entretemento educativo dos alumnos no periodo de tempo que vai dende ás 14:00 ata ás 16:00.
Cando existan dous irmáns acudindo ó comedor, existirá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou máis irmans, o desconto será do 12% tamén nas modalidades máis económicas.
A modalidade esporádica non ten descontos.
Hoxe non queda a xantar ¿que fago?
Necesito que o meu fillo/a quede a xantar hoxe no cole
Avisar antes de nada ao colexio: 881.960.763 lembra que cada titor ten a lista dos alumnos que quedan cada día a xantar e preparan aos alumnos que asistirán ao comedor ese día.
Avisar a Jardanay: 981.126.627, antes das 9:30 da mañá dese mesmo día, podes facelo tamén deixándolles unha mensaxe no contestador.
Lembra que para usar o servizo debes estar dado de alta nel, tendo aboado o seguro de accidentes correspondente.