O comedor escolar do CEIP Manuel Murguía está xestionado pola ANPA As Lavandeiras e, dadas as características do centro en canto a estrutura, espazo e equipamento funciona na modalidade de catering.
A ANPA As Lavandeiras, coa inestimable colaboración da Federación, decidiu contratar a Jardanay, empresa especialista na xestión de comedores de centros educativos de infantil e primaria, para que os nosos fillos e fillas disfruten dunha alimentación correcta, equilibrada e saudable así como dun tempo de lecer educativo na franxa de 14:00 a 16:00.
Os menús, compostos por dous pratos e postre, chegan ao centro diariamente dende a cociña central da empresa, deseñados por un equipo de dietistas-nutricionistas, dase prioridade aos productos locais e de tempada, con preparacións propias en detrimento das precociñadas. Tamén se elaboran dietas especiais especialmente as orixinadas polas alerxias alimentarias, celiaquías, intolerancias á lactosa, etc...
Para que as familias esteamos perfectamente informadas de que é o que comen os nosos fillos/as no colexio, o persoal de comedor nos fará chegar unha folla mensual cunha descripción detallada do menú diario. Ademáis, sempre que queirades, tamén poderedes consultar esa folla dende esta sección da nosa web.