LOMCE Artículo 127 El Consejo Escolar del centro tendrá las siguientes competencias: a) Evaluar los proyectos y las normas a los que se refiere el capítulo II del título V de la presente Ley orgánica. b) Evaluar la programación general anual del centro, sin perjuicio de las competencias del Claustro del profesorado, en relación con la planificación y organización docente.[...] e) Informar sobre la admisión de alumnos y alumnas, con sujeción a lo establecido en esta Ley Orgánica y disposiciones que la desarrollen.[...] i) Informar las directrices para la colaboración, con fines educativos y culturales, con las Administraciones locales, con otros centros, entidades y organismos.[...]
| LOE Artículo 127 El Consejo Escolar del centro tendrá las siguientes competencias: a) Aprobar y evaluar los proyectos y las normas a los que se refiere el capítulo II del título V de la presente Ley. b) Aprobar y evaluar la programación general anual del centro sin perjuicio de las competencias del Claustro de profesores, en relación con la planificación y organización docente.[...]
e) Decidir sobre la admisión de alumnos con sujeción a lo establecido en esta Ley y disposiciones que la desarrollen.[...] i) Fijar las directrices para la colaboración, con fines educativos y culturales, con las Administraciones locales, con otros centros, entidades y organismos.[...] |
publicado a la(s) 19 nov 2014, 5:36 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 19 nov 2014, 5:45
]
O luns 24 de novembro de 16:30 a 19:30 elixirase aos representantes das familias no Consello Escolar
A pesar de que coa entrada en vigor da Lei Wert este órgano perde peso na organización dos centros, animámosvos a todos a acudir a votar o vindeiro luns 24 de novembro entre ás 16:30 e as 19:30 ao colexio.
Precísamente por este motivo, o ter reducido o Consello Escolar a un órgano prácticamente consultivo, se cadra, é mais importante que as familias esteamos representadas nel, que saibamos de qué se fala, que expresemos a nosa opinión, necesidades, inquedanzas e esteamos debidamente representadas.
Os Consellos Escolares renóvanse parcialmente cada dous cursos, este ano, no sector de pais/nais/representantes legais, renóvase un dos postos, actualmente ocupado por Daniela, que se volve a presentar á reelección sendo os candidatos: - Susana Calzadilla
- Eugenia Pérez
- Daniela Reguera
- Daniel Cameselle
Luns 24: achégate a votar!
publicado a la(s) 12 nov 2014, 5:35 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 12 nov 2014, 5:35
]
O venres día 14 remata o prazo para a presentación de candidaturas para a elección do representante do sector de nais, pais e titores legais
Este ano, como sabedes, toca renovación parcial dos representantes nos Consellos Escolares. Como vos resumimos ao pricipio desta sección este ano hai diferencias dado que coa entrada en vigor da chamada Lei Wert, estes órganos pasan a ser un elemento prácticamente consultivo, co cal a dirección do centro pode tomar as decisións independientemente do que dicte este órgano.
Tras anos e anos loitando dende as ANPAs para que a participación e decisión das familias no eido educativo sexa maior, non só non se aumenta senón que se nos quitan competencias. Por iso é, se cabe, máis importante a nosa participación nestas eleccións. Cando menos estar presentes, escoitar, e que nos escoiten.
Por sorte, neste centro, coma noutros tantos, a dirección manifestou a súa intención de seguir dialogando e chegando a acordos nos Consellos Escolares como ata agora.
Un dos representantes do sector de pais noméase dende a ANPA, dende agora será Mª del Carmen Castelo Rivera, da Xunta Directiva, xa que Daniel Cameselle puxo a súa praza a disposición da ANPA.
Por tanto, este curso renóvase un dos representantes do sector de pais, para o que vos animamos a presentarvos, é importante que se presente máis dunha persoa, para que así quede lista de suplentes, en caso contrario, de ser baixa o titular, non se podería cubrir a praza ata o próximo proceso electoral.
¡Presenta candidatura, anímate: venres día 14 último día!
Tedes máis información sobre o proceso nesta ligazón
|
publicado a la(s) 22 mar 2013, 5:03 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 22 mar 2013, 5:42
]
No CEIP Manuel Murguía sumarán un punto no baremo aquelas solicitudes de admisión nas que figure en primeiro lugar un colexio público.
O Consello Escolar, reunido en sesión extraordinaria o pasado luns 18/03/2013 aprobou por unanimidade a iniciativa da Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP), respaldada pola Federación Provincial de APAs, para aprobar como criterio complementario valorado con 1 punto a elección en primeiro lugar de un centro de ensino público, facéndose a acreditación polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión recollida na Orde. |
publicado a la(s) 15 mar 2013, 5:24 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 15 mar 2013, 5:26
]
O vindeiro luns, 18 de marzo, reunirase en sesión extraordinaria o Consello Escolar, cun único punto na orde do día: fixar o criterio para outorgar o dito punto.
A presidenta do Consello Escolar e directora do centro, Ana Berta Martínez Boga, convocou a correspondente reunión extraordinaria para o vindeiro luns, 18 de marzo, ás 17:00, na que se deberá acordar o criterio para outorgar o punto por criterios complementarios, que establece a Orde.
A representación da ANPA no Consello Escolar apoiará a iniciativa da Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP), respaldada pola Federación Provincial de APAs, para aprobar como criterio complementario valorado con 1 punto a elección en primeiro lugar de un de ensino público, facéndose a acreditación polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión recollida na Orde.
O contido do criterio aprobado polo Consello Escolar, en todo caso, exporase no taboleiro de anuncios do propio colexio e nesta web, xunto coa restante documentación contemplada no artigo 13.2 da Orde. |
publicado a la(s) 26 nov 2012, 15:22 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
A porcentaxe de participación das familias aumenta do 13,51% de hai dous anos ao 24,6% neste 2012.
Realmente este é o dato máis salientable, o aumento na participación das familias na vida escolar nestes últimos 2 anos, dende a constitución desta ANPA, a progresión é xeométrica, tanto en número de asociados, como de matriculacións, usuarios de comedor, participantes nas actividades ou, como puidemos comprobar hoxe, no número de votantes e candidaturas para representar ao sector de pais/nais no consello escolar.
O censo, composto polas nais, pais ou titores legais dos alumnos do colexio, pasou de 111 no ano 2010 a 183 nas eleccións deste ano 2012, incrementándose tamén o número de votantes de 15 a 45 o que supón que a participación prácticamente foi do dobre en termos porcentuais: do 13,51% ao 24,6%.
Como sabedes no Consello Escolar as familias están representadas por Daniela Reguera e Daniel Cameselle pero este ano, debido ao aumento de unidades educativas do centro, varía a composición do Consello Escolar aumentando un representante no sector dos mestres e outro no sector dos pais/nais que era o que se elixía hoxe. No sector dos mestres continúa Rosa e incorpóranse Fina e María. Pola banda das familias presentáronse tres candidatas: Sonia, Susana e Yoana, as que lle agradecemos dende aquí a súa implicación.
As tres candidatas achegábanse esta tarde a mesa electoral para exercer o seu dereito ao voto
As 19:30 remataba a xornada electoral e os integrantes da mesa contan os votos, que sitúan a Yoana como a nova representante das familias no Consello Escolar con 21 votos, seguida de Sonia con 15 e Susana con 9, que serán suplentes no caso de que haxa algunha baixa no sector de pais nestes próximos dous cursos.
Tamén chama a atención que máis do 83% dos votantes son nais e pais de alumnos de Educación Infantil ciclo no que, se ben é certo, hai matriculados algo máis da metade dos alumnos totais do CEIP Manuel Murguía.
O vindeiro luns, 3 de decembro, terá lugar a sesión constitutiva do novo Consello Escolar. |
publicado a la(s) 23 nov 2012, 1:54 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 23 nov 2012, 2:09
]
Yoana, Susana e Sonia: as tres candidatas para a representación das familias no Consello Escolar
O vindeiro luns, 26 de novembro entre as 16:30 e as 19:30 terán lugar as eleccións de representantes no Consello Escolar. Dado o incremento de alumnado experimentado nestes últimos cursos incrementaron tamén as unidades educativas e por tanto varía a composición do Consello Escolar, quedando como segue: - Directora do Centro
- Representante municipal
- 3 representantes do profesorado
- 3 representates das familias
- Secretario
No sector de pais estamos representados por Daniela Reguera Alonso, elexida hai dous anos, Daniel Cameselle Caride, como representate da ANPA no Consello Escolar e queda unha praza vacante para a que se presentaron 3 candidatas. As tres candidatas ao Consello Escolar Yoana Fernández, Susana Calzadilla e Sonia Rodríguez
Dende aquí querémosvos agradecer as tres nais que vos presentarades, ademáis é moi importante que se presentase máis de unha candidatura posto que, de darse algunha baixa no sector de pais/nais, sería cuberta coa persoa que quede en segundo lugar nestas eleccións, sen ter que agardar outros dous cursos para cubrir a dita praza. Como sabedes, nos Consellos Ecolares apróbanse asuntos tan importantes como a PXA (Programación Xeral Anual) o NOF (Normas de Organización e Funcionamento), a posta en marcha dun comedor escolar, o servizo de madrugadores, o uso dun uniforme escolar, empréndense procesos sancionadores, apróbanse as contas do centro, etc... Por iso é importante que participedes e elixades aquela persoa que creades que mellor vos represente neste órgano.
Lembrámosvos que podedes votar a nai e o pai dos alumnos matriculados no centro, e animámosvos a facelo o vindeiro luns. O Consello Escolar é o único órgano con poder de decisión no que temos representación as familias, por iso agradecemos a vosa implicación coa vida escolar e, en definitiva, coa educación dos vosos fillos.
26 de novembro. Vota |
publicado a la(s) 5 mar 2011, 0:53 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 5 mar 2011, 1:54
]
O pasado luns 28/02/2011 ás 17:45, reuniuse o Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía coa seguinte orde do día: - Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Aprobación, se é o caso, do orzamento para o ano 2011
- Rolda de intervencións
Asistiron os dous representantes dos docentes, Rosa e Rubén, o representante dos pais nomeadao pola ANPA, Daniel, e a presidenta Ana. Leuse a acta da reunión do día 31/01/2011 que quedou aprobada por unanimidade. Estudiouse e tamén se aprobou o orzamento remitido pola Consellería para o presente ano 2011, que incrementa o do anterior exercicio tan só en 800 €, o que resulta francamente pouco, tendo en conta o incremento de alumnado que experimentou este centro neste curso 2010-2011 e o que se estima que terá no vindeiro 2011-2012. Grazas ao pequeno superhábit acumulado do peche do exercicio económico do pasado ano, sumado ao orzamento para o presente exercicio, o centro contará cuns 8700 € para solucionar este 2011. A un paso de Mesoiro, o Manuel Murguía, unha boa opción para moitos dos seus nenos
Na rolda de intervencións o presidente da ANPA propón a sinatura e remisión ao servizo de Educación Municipal, dunha solicitude formal para o acondicionamento do ximnasio de xeito que poida ter un uso compartido como sala de usos múltiples. Este escrito que xa fóra enviado con anterioridade á presidenta do Consello Escolar para que o estudiase, quedou asinado pola directora do centro e polo presidente da ANPA e rexistrado no Concello ao día seguinte. Tamén, como se falara con anterioridade, o presidente da ANPA levou un borrador dun tríptico sobre o colexio para propoñer ao resto do Consello a posibilidade de modificación, aclaración, ou inclusión de máis información no mesmo, así como para determinar a data das "xornadas de portas abertas" da que tamén con anterioridade se falara de organizar. Non houbo suxestións para modificación do tríptico e infórmaselle ao presidente da ANPA que o día de portas abertas se realizará en 48 h, o mércores 02/03/2011. Resumindo: xa temos orzamento para este exercicio que non é moito, certo, máis se temos en conta que ao redor de 2000 € xa se nos van en en calefacción... pero ¡mente positiva! nesta ANPA somos expertos en facer moito con moi poucos cartos. |
publicado a la(s) 3 feb 2011, 6:54 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 5 mar 2011, 1:56
]
O pasado luns 31/01/2011 reuniuse o Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía, coa asistencia da presidenta Ana, os representantes dos profesores Rosa e Rubén, e a representación das nais e pais a través de Daniela e Daniel. Nesta sesión ordinaria que comezou ás 17:30 h, leuse e aprobouse por unanimidade a acta da anterior reunión do día 29/10/2010, onde o aspecto máis salientable era a aprobación da P.X.A. (Programación Xeral Anual). Gradas e pista polideportiva do CEIP Manuel Murguía
Tamén de forma unánime déuselle o visto e prace ao balance económico do pasado exercicio 2010, que deixaba un saldo positivo duns 2000€ nas arcas do CEIP Manuel Murguía. Dentro do seguimento da P.X.A. revisáronse certos aspectos, como o número de alumnos actual desglosados por edades que, tras algunha baixa e as últimas altas, é de 87 rapaces, o cal é un bo aumento porcentual se o comparamos cos 54 alumnos do curso pasado. Dependendo da matriculación que se acade de cara ao vindeiro curso 2011-2012 é posible que haxa que desdobrar algún outro grupo. A tirada da revista escolar tamén será revisada a alza, debido a este notable incremento da matriculación. Dentro dos obxectivos das festas e celebracións do centro recóllese o "acercamento da escola ao entorno" e a "recuperación de parte da nosa historia e cultura", o presidente desta ANPA, Daniel Cameselle, propón como medida para cumprir estes obxectivos contactar coa AVV de Feáns, que conta con gran arraigo na zona, e é un recordo vivo dos costumes e cultura do lugar onde se ubica o centro, un núcleo rural que pode aportar una información valiosísima e que nas cidades se está a perder. Na rolda de intervencións, pregúntase polas xestións que está a realizar o centro coa encamiñadas a renovar a aula de informática, aínda pendientes de novas reunións, parecen marchar por bo camiño. Tamén se pide, por parte do representante da ANPA no Consello Escolar, que o enlace a A.P.A. que o centro dispón na súa web municipal, en lugar de dirixir a un "estamos traballando" o faga a ésta web, para facilitar a información sobre este centro ao público en xeral. Asemade, ofrécese o sitio web da ANPA As Lavandeiras para aloxar toda aquela información que tanto a dirección como o equipo docente queiran publicar. O presidente desta ANPA tamén pregunta polas visitas que tanto os técnicos da Xunta como os do Concello fixeron a este colexio nos últimos días, resultado das solicitudes feitas a ambos organismos pola ANPA As Lavandeiras, neste sentido infórmaselle que a Xunta podería estar estudiando unha ampliación da escola, e que os técnicos municipais xa visitaron o centro co contratista que, presumiblemente, comezará as obras a curto prazo para dotar ao colexio de comedor e dun ximnasio remozado, tal como se falou na reunión que esta ANPA solicitou cos representantes municipais e que tivo lugar o día 13 do pasado mes de xaneiro. |
publicado a la(s) 25 ene 2011, 12:26 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 25 ene 2011, 12:35
]
O Consello Escolar, renovado tras as eleccións do pasado 29 de novembro, e constituído formalmente o 13/12/2010, reunirase o vindeiro luns 31 de xaneiro ás 17:30 h en sesión ordinaria coa seguinte orde do día: - Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
- Aprobación, se procede, do balance económico do 2010
- Seguimento da Programación Xeral Anual (P.X.A.)
- Rogos e preguntas
|
publicado a la(s) 13 dic 2010, 14:14 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Hoxe, luns 13/12/2010 ás 18:00, tivo lugar a sesión constitutiva do novo Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía. A composición deste ógano colexiado varía dependendo das unidades educativas que teña cada centro, no noso caso está formado por seis membros: Ana, como directora do colexio; Rubén e Rosa como representantes dos profesores; Virgilio Gantes, como representante do concello; Daniela, como representante das nais e pais do colexio, escollida nas eleccións do pasado 29 de novembro; e Daniel, como representante das nais e pais designado pola ANPA máis representativa do centro: As Lavandeiras. Actuará como secretaria Ana, a directora do centro.
|
|