Consello Escolar‎ > ‎

13,51 % de participación nas eleccións do 29N

publicado a la‎(s)‎ 3 dic 2010, 8:28 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 9 dic 2010, 23:25 ]
Dun censo de electores de 111 electores, acudiron ás urnas para a elección dos representantes dos pais ao Consello Escolar 15 persoas, o que supón unha participación do 13,51%.
É unha porcentaxe realmente baixa, sobre todo se temos en conta que se trata de elexir a nósa representación no único órgano colexiado, de goberno e coordinación docente dos centros públicos, onde temos presencia as nais e pais, aínda que sexa en minoría.
O escrutinio, como era de esperar, non agochou sorpresas e a única candidata, Daniela Reguera Alonso, foi elexida por unanimidade. A Constitución do novo Consello Escolar terá lugar o vindeiro luns, 13 de decembro de 2010.
De todos os xeitos, e poñendo unha nota de optimismo ao asunto, podemos dicir que en termos relativos a participación non foi, nin moito menos, das máis baixas cando, por poñer un exemplo: nun dos centros públicos de máis sona da nósa cidade, dun censo de 1024 electores, acudiron á cita coas urnas 30 persoas, o que supón unha taxa de participación do 2,93% -mal de moitos, consuelo de tontos- diría o meu avó.

Comments