O pasado luns 28/02/2011 ás 17:45, reuniuse o Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía coa seguinte orde do día:
Leuse a acta da reunión do día 31/01/2011 que quedou aprobada por unanimidade. Estudiouse e tamén se aprobou o orzamento remitido pola Consellería para o presente ano 2011, que incrementa o do anterior exercicio tan só en 800 €, o que resulta francamente pouco, tendo en conta o incremento de alumnado que experimentou este centro neste curso 2010-2011 e o que se estima que terá no vindeiro 2011-2012. Grazas ao pequeno superhábit acumulado do peche do exercicio económico do pasado ano, sumado ao orzamento para o presente exercicio, o centro contará cuns 8700 € para solucionar este 2011. ![]() A un paso de Mesoiro, o Manuel Murguía, unha boa opción para moitos dos seus nenos Na rolda de intervencións o presidente da ANPA propón a sinatura e remisión ao servizo de Educación Municipal, dunha solicitude formal para o acondicionamento do ximnasio de xeito que poida ter un uso compartido como sala de usos múltiples. Este escrito que xa fóra enviado con anterioridade á presidenta do Consello Escolar para que o estudiase, quedou asinado pola directora do centro e polo presidente da ANPA e rexistrado no Concello ao día seguinte. Tamén, como se falara con anterioridade, o presidente da ANPA levou un borrador dun tríptico sobre o colexio para propoñer ao resto do Consello a posibilidade de modificación, aclaración, ou inclusión de máis información no mesmo, así como para determinar a data das "xornadas de portas abertas" da que tamén con anterioridade se falara de organizar. Non houbo suxestións para modificación do tríptico e infórmaselle ao presidente da ANPA que o día de portas abertas se realizará en 48 h, o mércores 02/03/2011. Resumindo: xa temos orzamento para este exercicio que non é moito, certo, máis se temos en conta que ao redor de 2000 € xa se nos van en en calefacción... pero ¡mente positiva! nesta ANPA somos expertos en facer moito con moi poucos cartos. |
Consello Escolar >