Consello Escolar‎ > ‎

Eleccións Consello Escolar 2010

publicado a la‎(s)‎ 29 nov. 2010 14:06 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 29 nov. 2010 14:26 ]

Hoxe 29 de novembro de 2010, entre ás 17:00 e ás 20:00 tiveron lugar as eleccións dos representates de nais, pais ou titores legais do alumnado ao Consello Escolar do CEIP Manuel Murguía. Cunha única candidata en lista: Daniela Reguera Alonso que, tras ser presidenta da ANPA varios anos consecutivos, segue implicándose e colaborando coa organización do centro educativo presentando a súa candidatura.

Como representate da ANPA As Lavandeiras ao Consello Escolar foi proposto o seu actual presidente, Daniel Cameselle Caride, por acordo da Asamblea Xeral, reunida en convocatoria extraordinaria, o día 11 de novembro de 2010. Podedes consultar a acta desta reunión no apartado Arquivos>As Lavandeiras.
Comments