O vindeiro luns, 18 de marzo, reunirase en sesión extraordinaria o Consello Escolar, cun único punto na orde do día: fixar o criterio para outorgar o dito punto. Hoxe publícase no DOG a "ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan nsinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación" nesta orde establécese que "os consellos escolares poderán establecer un criterio complementario consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente, de acordo con criterios obxectivos, debendo sinalar a forma de acreditalo". A presidenta do Consello Escolar e directora do centro, Ana Berta Martínez Boga, convocou a correspondente reunión extraordinaria para o vindeiro luns, 18 de marzo, ás 17:00, na que se deberá acordar o criterio para outorgar o punto por criterios complementarios, que establece a Orde. A representación da ANPA no Consello Escolar apoiará a iniciativa da Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP), respaldada pola Federación Provincial de APAs, para aprobar como criterio complementario valorado con 1 punto a elección en primeiro lugar de un de ensino público, facéndose a acreditación polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión recollida na Orde. O contido do criterio aprobado polo Consello Escolar, en todo caso, exporase no taboleiro de anuncios do propio colexio e nesta web, xunto coa restante documentación contemplada no artigo 13.2 da Orde. |
Consello Escolar >