Yoana, Susana e Sonia: as tres candidatas para a representación das familias no Consello Escolar O vindeiro luns, 26 de novembro entre as 16:30 e as 19:30 terán lugar as eleccións de representantes no Consello Escolar. Dado o incremento de alumnado experimentado nestes últimos cursos incrementaron tamén as unidades educativas e por tanto varía a composición do Consello Escolar, quedando como segue:
No sector de pais estamos representados por Daniela Reguera Alonso, elexida hai dous anos, Daniel Cameselle Caride, como representate da ANPA no Consello Escolar e queda unha praza vacante para a que se presentaron 3 candidatas. ![]() As tres candidatas ao Consello Escolar Yoana Fernández, Susana Calzadilla e Sonia Rodríguez Lembrámosvos que podedes votar a nai e o pai dos alumnos matriculados no centro, e animámosvos a facelo o vindeiro luns. O Consello Escolar é o único órgano con poder de decisión no que temos representación as familias, por iso agradecemos a vosa implicación coa vida escolar e, en definitiva, coa educación dos vosos fillos. 26 de novembro. Vota |
Consello Escolar >