Eco-Escola‎ > ‎

Arrincamos co proxecto da EcoEscola

publicado a la‎(s)‎ 7 mar. 2016 9:39 por Usuario desconocido   [ actualizado el 7 mar. 2016 14:35 ]

   Animámosvos a colaborar neste eco-proxecto no   horario e na medida das vosas posibilidades,         para que teña un anaquiño de todos nos.

    Grazas ó esforzo da Comunidade Educativa do Manuel Murguía, o    colexio das/os nosas/os fillas/os vaise converter na primeira  Ecoescola da Coruña. 

  O proxecto plantexado, acadou o recoñecemento de Voz Natura e da oficina "La Caixa" de Novo Mesoiro, polo que conseguíronse os cartos necesarios para poder levar este ambicioso proxecto a cabo.

Diseñouse un calendario, onde todos/as estamos convidados/as a botar unha man para que a Ecoescola sexa unha realidade, calquer persoa que se anime a vir, país, avós, etc, será ben recibida. Se contades con algunha ferramenta como sachos, brochas, pinceis, sacos, rodillos, cubos, hidrolimpiadora, tixeiras de podar, taladros, etc podedes traelos. O horario de traballo será de 9:30 a 13:30. 

-       Sábado 12 de Marzo:

Limpiarémolo muro que rodea o colexio, quitaremos as ramas, enredadeiras, etc. Darase tamén unha imprimación no cemento do muro. Prepararémola terra onde se vai ubicar o horto ecolóxico, colocaremos unha malla onde se vai ubicar outro horto vertical, etc.

-        Sábado 2 de Abril: 

Pintarémolo muro e os barrotes de colores, colocaremos o bancal, construirase unha porta de madeira tipo cancela, etc

-       Sábado 9 de Abril:

Remataremos o traballo de pintura, colgaremos o horto vertical no que xa están traballando nas aulas as/os nosas/os fillas/os, deixarémolo horto ecolóxico rematado, etc.  

Se por razóns climatolóxicas temos que suspender algunha xornada de traballo publicarémolo nesta sección, indicando a nova data.

Un saúdo e Grazas

ANPA As Lavandeiras 

Comments