Eco-Escola‎ > ‎

CURSO 2019-2020 / XORNADAS - 2ºTRIMESTRE

publicado a la‎(s)‎ 5 nov 2019, 2:17 por Usuario desconocido   [ actualizado el 19 ene 2020, 10:02 ]




Propoñemos para este segundo trimestre as seguintes xornadas de ecoescola.


Gustaríanos poder contar coa maior axuda posible para chegar a bo termo con este proxecto. A maior finalidade do mesmo é compartir tempo e experiencias en familia, con amigos e/ou compañeiros, achegando ao colexio un pouquiño de nós, e construíndo unha contorna próxima coa gran axuda dos nosos nenos, dentro e fóra do colexio.


DATAS

HORA

CONTIDO

Xaneiro-Venres

24-01-2020

31-01-2020

 

16:30 a 19:30

       Rosa dos Ventos – Torre de Hércules: debuxar e pintar rosa dos ventos no patio. Actividade para os nenos de 4º/5º/6º de educación primaria.

       Montaxe areeiro no patio de infantil.

       Eco-reporteiro.

       Procura do tesouro - elaboración e degustación do smoothie.

Febreiro-Venres

07-02-2020

14-02-2020

21-02-2020

 

16:30 a 19:30

       Achandar zona horto: para colocación de invernadoiro e plantación.

       Montaxe de bancais.

       Plantación de bancais.

       Eco-reporteiro.

       Seguimento do proxecto. Continuación de actividades non realizadas por imprevistos e/ou anulacións de xornadas anteriores.

       Procura do tesouro - elaboración e degustación do smoothie.

Marzo-Venres

06-03-2020

13-03-2020

27-03-2020

16:30 a 19:30

       Reaxuste de actividades: segundo os traballos realizados e as necesidades que xurdan ata a data.

       Festa da primavera.

       Eco-reporteiro.

       Seguimento do proxecto. Continuación de actividades non realizadas por imprevistos e/ou anulacións de xornadas anteriores.

       Procura do tesouro - elaboración e degustación do smoothie.

Abril-Venres

03-04-2019

16:30 a 19:30

       Seguimento do proxecto. Continuación de actividades non realizadas por imprevistos e/ou anulacións de xornadas anteriores.

       Procura do tesouro - elaboración e degustación do smoothie.

Non vos esquezades de roupa e calzado que poida mancharse, tanto para os nenos como para os adultos. Se tedes algunha ferramenta que poida ser necesaria (aixadas, pas, etc…), sempre serán benvidas. Traede as vosas merendas. Cada un dos traballos estará condicionado polo tempo, podendo alterarse a orde das tarefas previstas.

AGARDÁMOSVOS ! 

Comments