Onte inaugurouse a primeira das charlas orientadas a nais e pais, dun total de seis previstas, enmarcada dentro das actividades da escola de pais da ANPA As Lavandeiras, organizada en colaboración co CCM de Mesoiro e ADAFAD: "Madres y padres: haciendo crecer" na que se tocou fundamentalmente a autoridade nos distintos modelos de familia. Asistiron 13 dos 14 inscritos a esta charla, que resultaron ser moi participativos, facendo unha posta en común das diferentes problemáticas que se presentan no eido familiar. ADAFAD irá adaptando o contido destas sesións ás necesidades, inquietudes e perfil dos asistentes. ![]() O servizo de gardería gratuíto, para que todos os asistentes poideran conciliar as charlas, co coidado dos seus peques, funcionou sen problema ningún na sala contigua. Probablemente na seguinte charla, programada para o día 24 de febreiro, xa contemos co servizo de gardería tamén para os máis cativos (os menores de dous anos). Lembrámosvos que, tanto as charlas como o servizo de gardería vencellado a elas, son gratuítos, e que a inscripción seguirá aberta no CCM de Mesoiro ata completar as prazas. O xoves 24 de febreiro ás 19:00 terá lugar a seguinte das charlas: Todo barco tiene su capitán a. Familias: ¿quién decide? ¿cómo se decide? b. Ojo! Hay escalones... |