Dende a Asociación ADAFAD, en colaboración co Concello da Coruña e Afundación, convídannos a asistir á charla-coloquio que organizan o próximo día 29 de outubro na sede de Afundación (antiga Fundación Caixa Galicia). Os interesados podedes inscribiros de balde no correo electrónico adafad@adafad.org (nome e apelidos, , correo electrónico, ocupación) ou no teléfono 981226926. "Os resultados das investigacións dos últimos anos supoñen unha crecente preocupación polo uso que fan de Internet e das Novas Tecnoloxías os nosos adolescentes, traducíndose o seu impacto, a miúdo, en comportamentos de risco (ciberbullying, sexting) así como illamento social, fracaso escolar e frecuentes conflitos familiares. Ante esta realidade social, escolar e familiar e co interese de profundizar na busca de solución, dous importantes expertos no tema a través de visións complementarias achegarán ao longo da charla-coloquio recomendacións de interese para pais, nais, profesionais do ámbito educativo, social e da saúde" |