Charlas para nais e pais

publicado a la‎(s)‎ 25 ene 2011, 3:57 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 25 ene 2011, 4:14 ]
Xa está aberto o prazo de inscripción para as dúas primeiras charlas para nais e pais que organizamos dende a ANPA As Lavandeiras, en colaboración con ADAFAD e o Centro Cívico Municipal de Mesoiro.

Co título "Madres y padres: haciendo crecer" e " Todo barco tiene su capitán", o 3 e 4 de febreiro respectivamente, inauguramos  a escola de pais da ANPA.

Estes módulos gratuítos e abertos a todas as persoas interesadas, consistirán nunhas sesións grupais de carácter marcadamente práctico e dinámico que teñen como obxectivo xeral promover unha reflexión sobre o noso papel activo no desenvolvemento persoal das nosas fillas e fillos.

Para facilitar a asistencia das nais e pais que necesitedes conciliar este horario co coidado dos vosos fillos, e non atopedes outra opción, poremos a vosa disposición un monitor que, no mesmo Centro Cívico Municipal de Mesoiro, quede ao coidado deles durante a hora e media que dura esta sesión (só nenos maiores de 2 anos)


Podedes descargar toda a información dende este enlace


Comments