¿A túa
filla/o de 3 anos xa fala mellor en inglés ca ti? ¿a última vez
que un turista che preguntou como se ía a Torre de Hércules só
atinache a dicirlle go street ahead? ¿non ves películas en
versión orixinal porque “eses americanos non pronuncian ben”? ![]() Dende a Escola de nais e pais da ANPA imos organizar un curso de conversa en inglés para adultos. Falar é o medio máis natural e sinxelo para aprender unha lingua e a maioría de nós confesamos ter serias dificultades cando temos que falar inglés. A mesma profesora nativa que os xoves da clase aos grupos de infantil e primaria, nos axudará a falar en inglés a todos os que nos apuntemos, adaptándose ao noso “nivelón” e levando as clases dun xeito distendido e cercano. Estamos programando o curso para un máximo de 10 alumnos, unha hora semanal, no colexio, mentras os peques están nas actividades. Propoñémosvos dúas opcións, organizaremos aquela na que se apunte máis xente:
Agradeceríamosvos que, de estar interesados, contestasedes a pequena enquisa do final deste artigo canto antes, tamén podedes imprimila, cumprimentala e deixala no buzón da ANPA no centro. |