Educa Saúde: guía de hábitos saudables

publicado a la‎(s)‎ 7 oct 2014, 2:59 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 7 oct 2014, 2:59 ]
https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyMThrODVzLXpOdXc/view?usp=sharing
A Fundación María José Jove e o Concello da A Coruña presentaron onte esta guía de hábitos saudables.

O programa Educa Saúde, promovido polo Concello da Coruña e pola Fundación María José Jove, naceu co obxectivo de mellorar a saúde e o benestar das nenas e nenos da Coruña. 

A través de charlas e actividades dirixidas ás nenas e nenos en horario escolar e aos seus familiares en horario de tarde, impártense contidos relacionados coa saúde no seu sentido máis amplo: físico, psíquico e social. 

Tras máis de dous anos de actividade e coa participación de máis de 10.000 escolares e as súas familias, a valoración das profesoras e profesores e das nais e pais foi moi positiva.

Esta publicación representa un paso máis. Deseñouse un libro en formato de pregunta resposta, o que facilita a súa lectura, e selecionáronse as preguntas tendo en conta os temas que os profesionais consideraron de maior interese e aqueles aos que as nais e pais deron máis relevancia nas sesións.

A guía foi elaborada polo equipo de profesionais do Educa Saúde: dúas enfermeiras, catro pediatras, tres psicólogas, dous educadores sociais e unha matrona. Un equipo con amplos coñecementos e experiencia na educación para a saúde, que traballou co criterio de incluír conceptos compresibles e rigorosos. Os avais concedidos pola Sociedade de Pediatría de Galicia aos contidos do Educa Saúde e a esta publicación certifican a súa calidade científica.

Animamos as nais e pais a unha lectura repousada deste libro e aconsellámoslles vivamente afonden en cada cuestión a través dos apartados “saber máis”, coa seguridade de que canto máis aprendan e coñezan, máis poderán facer para mellorar a saúde actual e futura das súas fillas e fillos.
Comments