A diversidade é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. Ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educactiva do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas as alumnas e alumnos, no marco de normalización e inclusión e desde a consideración da diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade (Decreto 229/2011 do 7 de decembro, DOG 21-12-2011). Con esta circular adiantamos que imos tratar co máximo interés a diversidade e a inclusión na xornada que esta Federación Provincial de APAs organiza o día 21 de abril (sábado) en sesións de mañá, de 10 á 14 horas e de tarde, de 16 á 18 horas, no Hotel NH Atlántico da Coruña. Contaremos para isto con profesionais na Orientación: Manuel Rey (Asesor de Orientación da Consellería de Educación) e Luisa Abad (Orientadora de IES), na medicina: Dra. Elvira Ferrer (responsable área clínica de ANHIDA Coruña). Tamén contaremos con relatores exemplos de normalización e inclusión: Iago Santalla (educador social) Javier Estévez (Psicólogo) e José L. Novo (xinete paraecuestre nacional) Podes ver e descargar o programa nesta ligazón e inscribirte para a xornada a través do seguinte formulario: |