Novas charlas para as familias

publicado a la‎(s)‎ 5 mar 2011, 2:10 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 30 mar 2011, 2:55 ]

Dado o éxito de convocatoria e o interese amosado polos asistentes as charlas, gratuítas e abertas a todas as persoas interesadas, organizadas os días 3 e 24 de febreiro. A ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía, en colaboración co CCM de Mesoiro e ADAFAD decidiu programar 4 novas sesións, para as que vos lembramos que tedes servizo de gardería gratuíto para os vosos rapaces durante a duración das mesmas. Podedes apuntarvos no CCM de Mesoiro, a todas ou ben facelo unha por unha días antes data, as prazas son limitadas.


O horario será de 19:00 a 20:30 h, no CCM de Mesoiro, e as datas son as seguintes:

Xoves 31 de marzo: "Si me chillas no te oigo"

Trataremos sobre os sentimentos e emocións dos pais e fillos e como manexar esas emocións. Traballaremos sobre as habilidades de saber escoitar e a comunicación cos nosos fillos.

Xoves 28 de abril: "Para educar hace falta valor"
Falaremos sobre a importancia dos valores na educación dos nosos fillos e dos valores presentes na nosa sociedade.

Xoves 26 de maio: "No es lo mismo enseñar que dar lecciones"
Falaremos sobre a importancia de demostrar cada día dun xeito práctico aquelo que lle queremos ensinar aos nosos fillos.

Xoves 16 de xuño: "¿Quién lo rompe? ¿Quién lo paga?"
Trataremos os conflictos que fillos, e do xeito máis adecuado para solucionalos e xestionar
aqueles que se nos presentan a cotío.


Comments