Obradoiro "A práctica de educar"

publicado a la‎(s)‎ 20 oct. 2012 11:32 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Novo obradoiro incluído dentro das actividades da escola de pais da ANPA As Lavandeiras desenvolvidas en colaboración co Centro Cívico, ANPA A Caracola e ADAFAD.

A actividade, dirixida a todos os que vos queirades apuntar, está incluída dentro das actividades puntuais do Centro Cívico Municipal de Mesoiro desenvolverase o luns 29 de outubro de 19:00 a 20:00. Para facilitar os posibles problemas de conciliación coa asistencia a charla porase en marcha, coma no curso pasado, un servizo de atención á infancia para que poidades deixar aos vosos peques mentras asistides a charla (consultar ao Centro Cívico).

Coma sempre, se desenvolverá dun xeito participativo onde pretendemos compartir contidos e recursos para evitar a aparición de problemas e conflictos na familia, tomando conciencia do papel activo dos pais e nais na educación dos nosos fillos.

Lembrade que as prazas son limitadas e que tedes ata o 24 de outubro para inscribiros na propia conserxería do Centro Cívico.
Comments