"Para educar hace falta valor"

publicado a la‎(s)‎ 26 abr. 2011 1:03 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Nova charla para as familias organizada pola ANPA As Lavandeiras en colaboración co CCM de Mesoiro e ADAFAD

Xa se acabaron as vacacións de Semana Santa e a ANPA As Lavandeiras continua organizando actividades para as familias, lembrámosvos que aínda queda algunha praza libre para a charla do vindeiro xoves 28 de abril, incluída dentro da escola de nais e pais, son de balde e abertas a todo o barrio:
  • 19:00 a 20:30 h, no CCM de Mesoiro

  • Servizo de gardería gratuíto durante a charla para rapaces maiores de 2 anos

  • Xoves 28 de abril: "Para educar hace falta valor" Falaremos sobre a importancia dos valores na educación dos nosos fillos e dos valores presentes na nosa sociedade. Impartida por Mª José Lamas Dopico, Psicóloga, Coordinadora de prevención de ADAFAD.


¡Que non se vos esqueza apuntarvos no CCM de Mesoiro!


Comments