Volven ao barrio as charlas-coloquio para nais e pais grazas a colaboración do Centro Cívico con ADAFAD, A ANPA da Caracola e a ANPA As Lavandeiras. Xa no curso anterior, dende a escola de pais desta ANPA, impulsouse a organización destas charlas impartidas por ADAFAD o primeiro semestre do pasado ano no Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro. Hai uns días reuníanse coa dirección do dito Centro Cívico, a secretaria da ANPA da Caracola e o presidente da ANPA As Lavandeiras, para tentar pechar un calendario para estas charlas -de aquí a finais de ano- que tan boa acollida tiveran xa no curso anterior. A primeira, baixo o título "O primeiro ano, un ano para toda a vida" será o vindeiro mércores 6 de xuño de 19:00 a 20:30, falaremos, entre outros temas sobre os lazoas que se establecen cos nosos fillos dende a mesma xestación, nacemento e o que se espera coa chegada un fillo así como da importancia do xogo no desenvolvemento do menor. As prazas son limitadas, podedes facer a inscripción no Centro Cívico ata o 5 de xuño. Para facilitar os posibles problemas de conciliación coa asistencia a charla porase en marcha, igual que o curso pasado, un servizo de atención a infancia para que poidades deixar aos vosos peques mentras asistides a charla (consultar ao Centro Cívico). Está previsto que esta sexa primeira dun ciclo de 5 charlas que se programarán, tras o paron estival, a razón dunha mensual, con títulos como "A chegada de novos membros á familia", "A práctica de educar", "Que pasa co outro, que pasa comigo" ou "O outro sexo" que agardamos que sexan do máximo interés para as familias do barrio. A metodoloxía de traballo, cunha exposición teórica con apoio multimedia, alternada co intercambio de opinións, reflexións, casos prácticos e exemplos dos participantes fai que a sesión de hora e media se faga do máis amena e enriquecedora para todos. Dende aquí, coma sempre, ¡animámosvos a participar! |