As charlas promovidas pola escola de pais da ANPA incluídas dentro das actividades puntuais dos Centros Cívicos
O vindeiro luns, 12 de novembro de 19:00 a 20:30 organízase unha nova charla conducida por ADAFAD e programada en colaboración coa ANPA da Caracola, e o Centro Cívico de Mesoiro. Como xa vos vimos contando dende esta sección da web, trátase duns encontros participativos coas familias, nesta ocasión falaremos dos roles que cada un dos proxenitores temos dentro da unidade familiar e a implicación dos mesmos. |