Este sábado, 21 de Febreiro, celebrarase en Santiago a "XIII Xornada de Nais e Pais. Educando en Igualdade" que nesta ocasión ten o título "Extratexias lúdicas en Igualdade: Uso sen abuso de videoxogos e smartphones" A idade dos obradoiros está recomendada para nenos de 9 a 13 anos. Inscrición remata o 19 de febreiro pero aceptan inscripción ata completar aforo. Podes inscribirte no correo xornadas.igualdade@xunta.es ou no número 981 520 090 A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico para os nenos e nenas. "As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo." Podedes atopar a información completa e o formulario de inscripción na web da Xunta: http://igualdade.xunta.es/gl/programas/xiii-xornada-de-nais-e-pais-educando-en-igualdade |