Xornada sobre Redes sociais e videoxogos

publicado a la‎(s)‎ 17 oct 2011, 4:44 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
A Federación Provincial de APAs de Centros Públicos da Coruña convídanos a unha xornada sobre estes temas de actualidade o vindeiro sábado 22 de outubro.

O vindeiro sábado 22 de outubro no Hotel NH Atlántico da Coruña de 9:45 a 13:30, terá lugar unha xornada sobre as redes sociais e videoxogos organizada pola Federación Provincial de APAs de Centros Públicos da Coruña da que formamos parte.

A xornada vai dirixida a todas aquelas familias interesadas nestes temas de total actualidade, nos que as veces os nosos fillos van moi por diante: ¿qué son as redes sociais? consellos de utilización, recomendacións, delitos telemáticos, medidas preventivas, videoxogos... estes e outros asuntos abordaranse nesta xornada. Tedes toda a información neste díptico informativo.

Animámosvos a asistir, podedes inscribirvos na xornada a través do formulario de rexistro que tedes máis abaixo. Agradecémosvos que o fagades canto antes para poderlle remitir a listaxe de asistentes á Federación para cuestións organizativas.

Inscripción: Redes Sociais e videoxogos


Comments