Xoves 03/02/2011: comezan as charlas para nais e pais

publicado a la‎(s)‎ 2 feb 2011, 12:58 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 2 feb 2011, 13:22 ]
Mañá xoves 03/02/2011 ás 19:00 comezamos coa primeira charla dirixida a nais e pais do colexio en particular, e do barrio en xeral. A charla vaina impartir María José Lamas Dopico, psicóloga e cordinadora de prevención de ADAFAD.

Madres y padres: haciendo crecer

a. Madres y padres: autoridad
b. Mi hijo crece y... algo ocurre ¿quién es? ¿qué hago?

Para facilitar a conciliación da vida das familias con esta charla, dende a ANPA As Lavandeiras e en colaboración co CCM de Mesoiro, pensouse en poñer en funcionamiento un servizo gratuíto de gardería para as fillas e fillos dos asistentes. Nesta primeira charla habilitouse tan só para nenos maiores de 2 anos, estamos a facer as xestións oportunas para ampliar esta oferta a todas as edades e tentaremos que estea dispoñible para a seguinte charla do día 24.
Comments