Facendo barrio


Queremos que esta sección sexa un espazo onde nos fagamos eco das actividades do barrio, centros educativos, municipais, asociacións e outros axentes sociais do contorno do noso colexio, incluso área metropolitana. Un centro escolar non é lugar aillado inerte, senón que está vivo, en continua transformación e en relación con todo o que o rodea.



Concertos en Familia

publicado a la‎(s)‎ 21 feb 2015, 11:51 por Usuario desconocido


SON FUTURO, é o proxecto educativo da OSG (Orquesta Sinfónica de Galicia), e ten como obxetivo promocionar o patrimonio cultural en galicia e sobre todo impulsar a formación de mozos artistas e intérpretes, formando novos valores musicais.
Dentro das súas actividades, conta cun programa educativo para toda a familia.
  Prezo menores: 2€


Prezo adultos: 5€








Listado de concertos didácticos 2014/2015: www.sonfuturo.com 
Tríptico coa información: aquí








Zumba solidario - Anhida Coruña

publicado a la‎(s)‎ 21 ene 2015, 11:04 por Usuario desconocido

A asociación Anhida Coruña e Zumba organizan unha maratón solidaria na que a recaudación integra será dedicada á asociación para continuar traballando na prena integración das persoas con TDAH e todos os aspectos que as rodean.

Os organizadores agraden que axudedes na sua difusión.

¿Cando e onde é o Zumbathon solidario?

Lugar:             Pazo dos deportes de Arteixo
Día:                Sábado, 24 de Xaneiro as 18:00h.
Donativo:         3 € por persoa
Inscripcións:     yasmina.ysl@gmail.com

IMPORTANTE: Cada un dos participantes deberá indicar o seu nome e apelidos.    




EIM Agra do Orzán: a nova escola infantil municipal

publicado a la‎(s)‎ 17 dic 2014, 5:27 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 dic 2014, 5:37 ]

Hoxe ábrese o prazo de solicitude de praza para a nova escola infantil municipal do Agra do Orzán

https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyOGU1aDNDdFVYeUE/view?usp=sharing

A nova escola infantil municipal (EIM) comezará o curso o luns 19 de xaneiro de 2015, aínda que dende o contorno do CEIP Manuel Murguía nos pode quedar un pouco lonxe, sí pode resultar interesante para as familias nas que algún membro traballe por aquela zona ou teña aos avós vivindo por alí cerca...

Lembrámosvos que no caso de que a demanda de prazas sexa superior á oferta, terán preferencia os menores que que estean na listaxe de agarda nalgunha escola da REIM (rede de escolas infantís municipais)

Vive o Nadal

publicado a la‎(s)‎ 15 dic 2014, 5:21 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 15 dic 2014, 5:22 ]

Aquí tedes todo o programa para estas datas organizado polo Concello da Coruña

https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyNFdqR3JybmJxRjQ/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyVnR5RUxMb3FfZ2s/view?usp=sharing



Xa está aquí a campaña de esquí 2015

publicado a la‎(s)‎ 2 dic 2014, 1:42 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía

A Deputación abre o prazo de inscripción para a campaña 2015 dirixida a rapaces nados entre o 2001 e o 2005

Os alumnos residentes na Coruña poderán disfrutar a fin de semana do 13 ao 15 de febreiro de 2015, dunha fin de semana na neve na Estación Invernal de Manzaneda por 60 €

O prezo inclúe a estadía e manutención en hotel na Estación Invernal de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes e todos os gastos que orcasionen as actividades e cursos programados.

Data límite para á inscripción: 19 de decembro de 2014


https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyWjdOUFc3X1l4WjQ/view?usp=sharing

Concerto benéfico no "Club del Mar"

publicado a la‎(s)‎ 5 jun 2014, 7:02 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 5 jun 2014, 7:16 ]

Hai uns meses a ONG Amigos de Ositeti ensinábannos a pais, profesores e alumnado como eran "Outras escolas"...

http://www.amigosdeositeti.com/

E é que non paran de traballar... seguro que o curso que ven nos seguirán contando todos os seus progresos, por agora, invítanos a acudir a un concerto benéfico:

http://www.amigosdeositeti.com/

Campamentos de verán do Concello da Coruña

publicado a la‎(s)‎ 5 jun 2014, 4:47 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 5 jun 2014, 4:47 ]

Que non se che pase a preinscripción: mañá día 6 e pasado día 7 no teu Centro Cívico

http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1401412601317&c=Page&pagename=UAMI%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&itemType=Suceso&cid=1280301858468&argIdioma=gl





18 de maio: día internacional dos museos

publicado a la‎(s)‎ 16 may 2014, 5:06 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 16 may 2014, 5:06 ]

O Concello da Coruña ornaniza unha serie de actividades para este domingo 18 de maio co gallo da celebración do día  internacional dos museos.

Podedes consultar o programa da celebración do día internacional dos museos pinchando na seguinte imaxe:

https://drive.google.com/file/d/0B4VgAsRmuRCyTUUtazRpdzZzTzQ/edit?usp=sharing

Actividades no polideportivo de Mesoiro

publicado a la‎(s)‎ 11 sept 2013, 4:25 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 11 sept 2013, 4:25 ]

Mañá remata o prazo de inscripción nas actividades das escolas deportivas municipais no polideportivo de Novo Mesoiro

  • Prazo solicitude: do 2 ao 12 de setembro.
  • Publicación listas provisionais: a partir do 13 de setembro.
  • Prazo de corrección de erros para que se poidan formular alegacións á listaxe provisional: do 16 ao 20 de setembro.
  • Publicación listas definitivas: a partir do 24 de setembro.
  • Sorteo prazas: 24 de setembro
  • Lugar de presentación das solicitudes: na web municipal www.coruna.es/deportes, ou nas oficinas das instalacións deportivas municipais do Polideportivo Barrio das Flores, C.D. Torre e C.D. Riazor.
  • Idade dos solicitantes: deberán ter cumprida ou cumprirán a idade requirida a data 31 de decembro do presente ano.
  • Criterios de selección dos solicitantes: naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir da letra do primeiro apelido, conforme ao sorteo público do 20 de setembro que se fará ante o secretario xeral do Concello (Palacio Municipal, María Pita núm. 1). Terán preferencia os empadroados no Concello da Coruña.
  • Publicación da información relativa aos cursos e fases sucesivas do procedemento: nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos, na páxina web municipal e no teléfono de información cidadá 010

Actividades socioculturais complementarias

publicado a la‎(s)‎ 10 sept 2013, 5:27 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 10 sept 2013, 5:27 ]

Novas actividades no Centro Cívico de Mesoiro para este trimestre de setembro a decembro do 2013

Obradoiros de Clown e Circo, ximnasia, pilates... complementarán a xa ampla oferta de actividades do Centro Cívico de Mesoiro para este trimestre, que non se vos pasen as datas de preinscripción: 
  • Preinscripción: 19 e 20 setembro, horario 10:00 - 13:30 e 16:30 – 20:00
  • Sorteo público: 23 setembro, 11:00
  • Publicación listas admitidos e listas de agarda: 26 setembro, ás 9:00 no taboleiro de anuncios do centro cívico, no 010 e nas webs municipais www.corunasolidaria.org e www.coruna.es

1-10 of 53