Facendo barrio‎ > ‎

A Caracola presenta o seu BLOG

publicado a la‎(s)‎ 24 abr 2012, 4:19 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 24 abr 2012, 4:19 ]
A Escola Infantil Municipal de Mesoiro, "A Caracola", comeza a súa andaina no mundo das 3 uvedobres.

Cónstanos que o sitio web da Caracola, aloxado na web educativa municipal, é froito do traballo de meses, traballo que por experiencia sabemos que non se remata nunca. Precisamente niso radica o bó destes blogs, a súa constante actualización, dotalos de contidos, fotos, vídeos, experiencias... é o que os mantén vivos, e o que fai que paseemos, aínda que sexa virtualmente, polos seus recunchos unha e outra vez, descubrindo en cada visita novos contidos que nos fan rir, ler con atención, visualizar un vídeo co sorriso nos beizos... todo a través dun fío conductor que rezuma por todo o blog: a ilusión.

Así que ilusión é o que nos produce ver as vosas ganas de traballar, de cooperar, de interactuar co contorno... máis aínda nun eido tan importante como é o da Educación Infantil. Convidámosvos dende aquí a que vos acheguedes a pasear por este novo sitio do barrio, disfrutando do camiño:  http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/.

 ¡Noraboa, Caracoleras!
Comments