Facendo barrio‎ > ‎

Actividades nos centros cívicos

publicado a la‎(s)‎ 28 jun 2011, 4:41 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 ago 2011, 14:16 ]
Preinscripción os días 5, 6 e 7 de setembro nos centros cívicos de Mesoiro e Feáns.

En setembro comeza o curso escolar e comezan tamén as actividades no Centro Cívico Municipal de Mesoiro e no Centro Cívico Municipal de Feáns, coma sempre cunha ampla oferta para cativos e maiores: os meus primeiros xogos, baile, inglés, apoio escolar, bricolaxe doméstica, ioga ou cestería serán algunhas das actividades nas que vos poderedes inscribir.

As actividades comezarán a semana do 26 de setembro, non vos despistedes das datas ¡apuntádeo na man, na nevera ou na axenda electrónica!
  • Preinscripción: días 5, 6 e 7 de setembro
  • Sorteo público: 8 de setembro
  • Listaxes de admitidos: 20 de setembro
  • Inscripción e pago: días 21, 22 e 23 de setembro
Tedes a vosa disposición os folletos informativos nos centros cívicos ou nas seguintes ligazóns:

Comments