publicado a la(s) 11 sept 2013, 4:25 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
[
actualizado el 11 sept 2013, 4:25
]
Mañá remata o prazo de inscripción nas actividades das escolas deportivas municipais no polideportivo de Novo Mesoiro
- Prazo solicitude: do 2 ao 12 de setembro.
- Publicación listas provisionais: a partir do 13 de setembro.
- Prazo de corrección de erros para que se poidan formular alegacións á listaxe provisional: do 16 ao 20 de setembro.
- Publicación listas definitivas: a partir do 24 de setembro.
- Sorteo prazas: 24 de setembro
- Lugar de presentación das solicitudes: na web municipal www.coruna.es/deportes, ou nas oficinas das instalacións deportivas municipais do Polideportivo Barrio das Flores, C.D. Torre e C.D. Riazor.
- Idade dos solicitantes: deberán ter cumprida ou cumprirán a idade requirida a data 31 de decembro do presente ano.
- Criterios de selección dos solicitantes: naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir da letra do primeiro apelido, conforme ao sorteo público do 20 de setembro que se fará ante o secretario xeral do Concello (Palacio Municipal, María Pita núm. 1). Terán preferencia os empadroados no Concello da Coruña.
- Publicación da información relativa aos cursos e fases sucesivas do procedemento: nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos, na páxina web municipal e no teléfono de información cidadá 010
|
|