Facendo barrio‎ > ‎

Actividades para o primeiro trimestre nos Centros Cívicos Municipais

publicado a la‎(s)‎ 21 ago 2013, 1:32 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 21 ago 2013, 1:33 ]
2, 3, e 4 de setembro serán as datas para facer a preinscripción nas actividades dos centros cívicos municipais.

O verán pasa voando e en apenas dúas semanas xa estamos en setembro, comezan as preinscripcións para as actividades nos centros cívicos da zona, e... como andamos aínda co "chip" de vacacións se nos poden pasar... deixámosvos un resumo coas datas para que as vaiades apuntando na axenda, nese post-it na nevera ou onde queirades:

  • Preinscrición: 2, 3 e 4 setembro no horario de 10:00 - 13:30 e 16:30 – 20:00
  • Sorteo público: 5 setembro, 11:00
  • Publicación listas admitidos e listas de agarda: 16 de setembro no taboleiro de anuncios do centro cívico, no 010 e nas webs municipais www.corunasolidaria.orgwww.coruna.es.
  • Inscrición e pago: 17, 18 e 19 setembro no horario de 10:00 - 13:30 e 16:30 – 20:00
  • Inscrición por lista de agarda: 20, 21 e 23 setembro
  • Inicio de actividades: 23 de setembro, luns
  • Fin de actividades: 15 de decembro, domingo
¿Actividades? ¿que actividades? pois un pouco de todo: dende ingles, ata ioga, pasando por cursos de cociña, etc... podedes obter toda a información descargando os seguintes folletos:



Comments